DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Serra da Lagoa, situadas no concello de Baralla (Lugo) e promovido por Enerxías Renovables de Galicia, S.A. (expediente LU-11/137-EOL).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Serra da Lagoa, situadas no concello de Baralla (Lugo) e promovido por Enerxías Renovables de Galicia, S.A. (LU-11/137-EOL).

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024,
polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así
como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais,
das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Serra da Lagoa,
situadas no concello de Baralla (Lugo) e promovido por Enerxías
Renovables de Galicia, S.A. (LU-11/137-EOL)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Enerxías Renovables de Galicia, S.A., en relación coa declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais do parque eólico Serra da Lagoa, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Serra da Lagoa (en diante, o parque eólico), cunha potencia de 29 MW e promovido por Enerxías Renovables de Galicia, S.A. (en diante, a promotora).

Segundo. O 24.6.2011, Enerxías Renovables de Galicia, S.A. solicitou a autorización administrativa xunto coa declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Serra da Lagoa.

Terceiro. Mediante a Resolución do 17 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo (en diante, a xefatura territorial), someteuse a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao parque eólico Serra da Lagoa.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 5.7.2013, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 20.6.2013 e no xornal El Progreso do 20.6.2013. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios do concello afectado de Baralla, da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo e da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o trámite de información pública formuláronse alegacións por algúns dos afectados, que son contestadas todas elas pola empresa promotora do proxecto.

Cuarto. O 22.6.2015, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico Serra da Lagoa, que se publicou no Diario Oficial de Galicia o 24.9.2015, mediante a Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 23 de xullo de 2015.

Quinto. Mediante a Resolución do 3 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgouse autorización administrativa previa e de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Serra da Lagoa, sito no concello de Baralla (Lugo) (DOG nº 200, do 2 de outubro).

Sexto. O 3.2.2021, Enerxías Renovables de Galicia, S.A. solicitou o recoñecemento como non substancial dunha modificación do proxecto do parque eólico consistente, en esencia, no cambio de modelo de aeroxerador e a eliminación de cinco dos dez aeroxeradores autorizados.

Sétimo. Mediante a Resolución do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico Serra da Lagoa.

Oitavo. Mediante a Resolución do 23 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, recoñeceuse como non substancial unha modificación do parque eólico Serra da Lagoa, recollido no antecedente sexto.

Noveno. O 10.11.2022, Enerxías Renovables de Galicia, S.A. achegou a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados do proxecto modificado, para dar cumprimento ao establecido no artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo. Mediante o Acordo do 2 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, someteuse a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, das instalacións do parque eólico Serra da Lagoa, situadas no concello de Baralla (Lugo).

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia número 22, do 1.2.2023, e no xornal El Progreso do 1.2.2023. Así mesmo, remitíuselle para a exposición ao público nos taboleiros de anuncios do concello afectado de Baralla e permaneceu exposto ao público nas dependencias da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xefatura Territorial de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública. Asemade, a dita resolución estivo exposta no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Décimo primeiro. O 20.7.2023, a Xefatura Territorial de Lugo emitiu onde indica que o parque eólico atópase afectado polo permiso de investigación nº LU/C/05126 Isabel, o cal foi caducado mediante a Resolución do 24.3.1998, e polo permiso de exploración nº LU/D/06055 Triacastela solicitado o 10.12.2009. Ao non afectar ningún dereito mineiro con vixencia, non procede trámite de compatibilidade ningún.

Décimo segundo. O 5.9.2023, o Servizo de Propiedade Forestal remitiulle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais informe do Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural da provincia de Lugo do 26.8.2023, en relación cos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico, onde indica que o proxecto afecta os MVMC Caxigal; MVMC Caxigal, Gándara, Cotón e Seara; MVMC Caxigal de San Martiño; MVMC Caxigal de San Estevo; MVMC Reboiro, Serra do Galo, Picato, Carballal e Veigas Rozas; MVMC Picato, Serra do Val e Carballal; MVMC Picato; MVMC Picato e Serra do Val e a diferentes montes xestionados pola Administración pública, Elenco 2715520 A Mocha, Galo e Picato, Elenco 2715020 Caxigal de San Estevo, Elenco 2715709 Picato de Lebruxo, e Elenco 2715542 Picato Serra do Val.

Décimo terceiro. O 19.9.2023 e o 31.10.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos aproveitamentos de masas forestais afectados, recollidos no antecedente de feito anterior, e concédelles un prazo de quince días para presentar as alegacións que considerasen oportunas.

Durante o dito prazo, o 9.10.2023, o Servizo de Montes de Lugo informou ao respecto dos montes xestionados pola Administración pública, o cal foi trasladado á promotora e contestado por esta o 26.10.2023. As comunidades de montes veciñais en man común afectadas non presentaron alegacións.

Décimo cuarto. O 4.12.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal o informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo do 29.11.2023, en relación co artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados polo proxecto do parque eólico Serra da Lagoa.

Décimo quinto. O 18.1.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu informe do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo en que indica que non se apreciou limitación para a expropiación dos terreos e imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica nas parcelas que se describen na relación de bens e dereitos afectados conforme o disposto nos artigos 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Décimo sexto. O 8.2.2024, a promotora achegou a relación de bens e dereitos afectados actualizada, co fin de incorporar os novos acordos acadados. Asemade, achega a declaración responsable actualizada dos acordos acadados.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 251, do 31 de decembro), polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 248, do 30 de decembro), e polo artigo 39 da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 246, do 29 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de declaración de utilidade pública, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles (lindes, dimensións, tipo de cultivo,...).

2. En relación coa reclamación sobre os prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, indicar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución. En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

3. No que respecta á negociación cos titulares, a promotora sinalou que manterá conversas cos propietarios incluídos na relación de bens e dereitos afectados co obxectivo de chegar a un acordo.

4. Sobre a falta de utilidade pública do proxecto, debe sinalarse que o artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece que «declararanse de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte, distribución de enerxía eléctrica (…), para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e a imposición de servidume de paso». Polo tanto, a utilidade pública da instalación está xustificada por tratarse dunha instalación de xeración de enerxía eléctrica de acordo coa dita lei.

5. No que respecta ás distancias a núcleos de poboación, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo no informe do 4.6.2020 ratificou que as coordenadas contidas no proxecto de execución cumpren os requisitos de distancias ás delimitacións do solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidos no Plan sectorial eólico de Galicia.

6. No que respecta ao impacto e os posibles danos estruturais nos vieiros de acceso e camiños municipais polo paso dos vehículos e maquinaria de obra, estes deberán ser adecuadamente conservados pola promotora.

7. No caso de alegacións presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental, inadmítense, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, por presentárense fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da devandita lei.

No caso de escritos recibidos de oposición á declaración de impacto ambiental do 8.11.2022, segundo o establecido no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, se é o caso, procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.

8. En canto á suposta caducidade da declaración de impacto ambiental, indicar que mediante a Resolución do 9 de marzo de 2020 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático sinalou que segundo a Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, pola que se modificou a Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia, e tendo en conta que neste suposto concreto a DIA foi publicada con data do 24.9.2015, a vixencia da declaración de impacto ambiental é de 6 anos, período dentro do cual a promotora comunicou o inicio das obras do proxecto.

Cuarto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia, o 4.12.2023, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remítelle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo do 29.11.2023, sobre a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico Serra da Lagoa, que se transcribe a seguir:

«Finalizado o trámite de audiencia e vistos os informes dos distritos VII e IX, este servizo informa no sentido que non existen masas forestais de interese que resulten afectadas polo parque eólico Serra da Lagoa nos termos municipais de Baralla, Castroverde e O Corgo.

O artigo 6.1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común de Galicia, establece que os montes veciñais só poderán ser obxecto de expropiación forzosa ou impoñer servidume por causa de utilidade pública ou interese social prevalente aos propios montes veciñais en man común.

En cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, emítese informe favorable sobre a compatibilidade do parque eólico Serra da Lagoa, sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa, por parte do promotor, durante toda a súa vida útil, no termos municipais de Baralla, Castroverde e O Corgo».

De acordo co exposto, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Serra da Lagoa, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro) en relación coas parcelas recollidas no anexo I deste acordo.

Segundo. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais en man común afectados: MVMC Caxigal; MVMC Caxigal, Gándara, Cotón e Seara; MVMC Caxigal de San Martiño; MVMC Caxigal de San Estevo; MVMC Reboiro, Serra do Galo, Picato, Carballal e Veigas Rozas; MVMC Picato, Serra do Val e Carballal; MVMC Picato; MVMC Picato e Serra do Val, e cos seguintes montes xestionados pola Administración pública, Elenco 2715520 A Mocha, Galo e Picato, Elenco 2715020 Caxigal de San Estevo, Elenco 2715709 Picato de Lebruxo, e Elenco 2715542 Picato Serra do Val.

Esta autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Tal e como queda recollido no informe do 29.11.2023 emitido polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo (antecedente de feito décimo cuarto) deberá cumprirse a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque durante toda a súa vida útil.

2. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados parque eólico Serra da Lagoa

Propietario/a

Parcela

Afeccións (m2)

Nome e apelidos

Parte

Datos
catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidumes
de paso

Servidume de voo

Outras afeccións

Polígono

Parcela

Zapata/plataforma

Vieiro

Gabia

Protección eólica

Ocupación temporal

Parque eólico –Concello de Baralla–

1

María Inés Caldeiro Rodríguez

1

66

693

Aira

Labradío

0

124

0

0

0

657

2

Roberto Quiroga Fernández

1

67

103

Leiro

Prado

0

1.160

0

0

0

1.618

3

Jesús González Conde

1

67

133

Carballo de Auga

Monte alto

0

42

0

0

0

0

4

Domingo Núñez López

1

67

134

Carballo de Auga

Monte alto

0

2

0

0

0

0

5

Roberto Quiroga Fernández

1

67

135

Carballo de Auga

Monte alto

0

2

0

0

0

0

6

María Inés Caldeiro Rodríguez

1

67

136

Carballo de Auga

Prado

0

145

0

0

0

0

7

José Manuel Nogueira Rodríguez

1

67

143

Carballo de Auga

Prado

0

238

0

0

0

68

8

Carlos Bazarra Escribano

1

67

1

Campa do Curro

Prado

0

57

0

0

0

101

9

Josefa López Vila

1

67

2

Campa do Curro

Prado

0

10

0

0

0

19

10

Francisco López Caloto

1

67

3

Leira Caldeiro

Prado

0

172

0

0

0

83

11

Josefa López Vila

1

67

23

Pasadoiro

Prado

0

8

0

0

0

34

12

José López López

1

67

24

Pasadoiro

Prado

0

10

0

0

0

14

13

Francisco López Caloto

1

119

526

Leiro Candedo

Labradío

0

40

0

0

0

0

14

Antonio López Pérez

1

119

395

Cruz

Prado

0

38

0

0

0

0

15

José Isaac Gallego Becerra

1

67

27

Chaves

Prado

0

63

0

0

0

0

16

Antonio López Pérez

1

67

29

Pedras

Prado

0

21

0

0

0

0

17

José Caloto López

1

67

31

Pedras

Prado

0

6

0

0

0

0

18

José Manuel Fernández Caloto

1

67

511

Pucheiro

Prado

0

13

0

0

0

80

19

José Caloto López

1

67

57

Aira Vella

Prado

0

3

0

0

0

15

20

Carlos Bazarra Escribano

1

68

529

Carballeira

FC Castiñeiro

0

432

0

0

0

89

21

José Manuel Fernández Caloto

1

68

530

Carballeira

FC Castiñeiro

0

87

0

0

0

68

22

José López López

1

68

531

Carballeira

FC Castiñeiro

0

10

0

0

0

129

23

José Caloto López

1

68

528

Carballeira

FC Castiñeiro

0

19

0

0

0

91

24

José Caloto López

1

68

504

Carballeira

FC Castiñeiro

0

2

0

0

0

10

25

Manuel Caloto López

1

68

505

Noviño

FC Castiñeiro

0

451

0

0

0

106

26

Manuel Mallo López

1

68

506

Noviño

FC Castiñeiro

0

341

0

0

0

92

27

José Manuel Fernández Caloto

1

68

507

Noviño

FC Castiñeiro

0

382

0

0

0

301

28

José Manuel Fernández Caloto

1

68

494

Carballeira

Monte alto

0

3

0

0

0

31

29

José Caloto López

1

68

492

Carballeira

Monte alto

0

90

0

0

0

162

30

Ana María Vilariño Regal

1

68

484

Cerrado de Picato

Monte alto

402

6.140

847

2.344

15.941

2.626

31

Alicia Díaz López

1

68

1460

Cerrado de Picato

Monte alto

1.685

2.172

0

1.026

11.714

1.401

32

Antonio López Pérez

1

68

482

Novo Xestas

Matogueira

0

0

0

0

0

10

33

Belén Bazarra Escribano

1/10

68

422

Blancos

Monte alto

0

551

0

0

0

307

33

Carlos Bazarra Escribano

1/10

68

422

Blancos

Monte alto

0

551

0

0

0

307

33

José Caloto López

1/10

68

422

Blancos

Monte alto

0

551

0

0

0

307

33

José Manuel Fernández Caloto

1/10

68

422

Blancos

Monte alto

0

551

0

0

0

307

33

Valerio García Varela

1/10

68

422

Blancos

Monte alto

0

551

0

0

0

307

33

Francisco López Caloto

1/10

68

422

Blancos

Monte alto

0

551

0

0

0

307

33

José López López

1/10

68

422

Blancos

Monte alto

0

551

0

0

0

307

33

Antonio López Pérez

1/10

68

422

Blancos

Monte alto

0

551

0

0

0

307

33

Josefa López Vila

1/10

68

422

Blancos

Monte alto

0

551

0

0

0

307

33

Eudosia Rodríguez Rodríguez

1/10

68

422

Blancos

Monte alto

0

551

0

0

0

307

34

José Caloto López

1

68

421

Blancos

Monte alto

0

429

0

0

0

79

35

María Inés Caldeiro Rodríguez

1/7

68

414

Blancos

Monte baixo

0

471

0

0

0

282

35

José Caloto López

1/7

68

414

Blancos

Monte baixo

0

471

0

0

0

282

35

Francisco López Caloto

1/7

68

414

Blancos

Monte baixo

0

471

0

0

0

282

35

José López López

1/7

68

414

Blancos

Monte baixo

0

471

0

0

0

282

35

Antonio López Pérez

1/7

68

414

Blancos

Monte baixo

0

471

0

0

0

282

35

Josefa López Vila

1/7

68

414

Blancos

Monte baixo

0

471

0

0

0

282

35

Marcelino Núñez Rodríguez

1/7

68

414

Blancos

Monte baixo

0

471

0

0

0

282

36

María Inés Caldeiro Rodríguez

1

68

413

Riba da Aira

Monte alto

0

102

0

0

0

82

37

José López López

1

68

351

Riba da Aira

Monte alto

0

136

0

0

0

99

38

Josefa López Vila

1

68

352

Riba da Aira

Monte alto

0

138

0

0

0

87

39

Francisco López Caloto

1

68

1543

Riba da Aira

Monte alto

0

612

0

0

0

517

40

José Caloto López

1

68

363

Riba da Aira

Monte baixo

0

626

0

0

0

461

41

Antonio López Pérez

1

68

364

Riba da Aira

Monte baixo

0

9

0

0

0

63

42

José López López

1

68

411

Cambeiro

Matogueira

0

55

0

0

0

30

43

Francisco López Caloto

1

68

407

Cambeiro

Matogueira

0

58

0

0

0

26

44

José Caloto López

1

68

406

Cambeiro

Matogueira

0

151

0

0

0

58

45

Antonio López Pérez

1

68

403

Cambeiro

Matogueira

0

116

0

0

0

60

46

Josefa López Vila

1

68

402

Cambeiro

Matogueira

0

52

0

0

0

27

47

José López López

1

68

399

Cambeiro

Matogueira

0

35

0

0

0

18

48

Francisco López Caloto

1

68

394

Cambeiro

Monte baixo

0

268

0

0

0

148

49

José Caloto López

1

68

391

Cambeiro

Monte baixo

0

109

0

0

0

60

50

José Manuel Fernández Caloto

1

68

387

Cambeiro

Monte alto

0

200

0

0

0

123

51

José López López

1

68

386

Cambeiro

Monte alto

0

52

0

0

0

37

52

Josefa López Vila

1

68

385

Cambeiro

Monte alto

0

76

0

0

0

53

53

Antonio López Pérez

1

68

384

Cambeiro

Matogueira

0

49

0

0

0

44

54.1

José Manuel Fernández Caloto

1

68

1548

Novo de Palomar

Monte alto

763

0

0

2.472

5.957

0

54.2

Josefa López Vila

1

68

1549

Novo de Baixo

Monte alto

517

66

69

3.995

6.929

285

54.3

José López López

1

68

1550

Novo de Riva

Monte alto

0

959

174

2.972

5.681

2715

54.4

José López López

1

68

1551

Novo de Riva

Monte alto

0

52

93

115

242

0

54.5

Antonio López Pérez

1

68

1552

Novo de Villares

Monte alto

0

1.192

63

0

7.171

157

54.6

Francisco López Caloto

1

68

1553

Novo de Folgueiras

Monte alto

0

0

0

0

2.194

0

54.7

José Caloto López

1

68

1556

Novo de Zapateiro

Monte alto

0

459

0

0

0

335

54.8

José Antonio González

1

68

1560

Uceira

Monte alto

0

0

0

0

311

0

54.9

Juan López

1

68

1561

Uceira

Monte alto

0

0

0

418

2.513

0

54.10

Julio Folgueira

1

68

1562

Uceira

Monte alto

0

0

0

2.940

39

0

54.11

Manuel Luis López Torres

1

68

1563

Picato

Monte alto

281

0

0

3.777

305

0

54.12

Josefa López Vila

1

68

1564

Picato

Monte alto

0

0

0

833

2.577

0

54.13

José Manuel Nogueira Rodríguez

1

68

1565

Uceira

Monte alto

0

0

0

0

3.300

0

54.14

Julio Folgueira

1

68

1566

Uceira

Monte alto

0

0

0

53

3.296

0

54.15

Jesús González

1

68

1567

Uceira

Monte alto

0

0

0

78

3.059

0

54.16

José López López

1

68

1568

Uceira

Monte alto

0

0

0

0

2.180

0

54.17

José Manuel Nogueira Rodríguez

1

68

1569

Picato

Monte alto

0

0

0

0

967

0

54.18

José Manuel Fernández Caloto

1

68

1570

Uceira

Monte alto

0

0

0

0

41

0

54.19

José Caloto López

1

68

1578

Uceira

Monte alto

0

0

0

0

841

0

54.20

Antonio López Pérez

1

68

1579

Uceira

Monte alto

0

0

0

0

478

0

54.21

José Caloto López

1

68

1580

Uceira

Monte alto

0

0

0

0

30

0

54.22

Francisco López Caloto

1

68

1583

Uceira

Monte alto

48

0

0

0

25

525

54.23

Manuel Luis López Torres

1

68

1574

Uceira

Monte alto

0

0

0

0

13

0

54.24

María Dolores Gómez Cantón

1

68

1575

Uceira

Monte alto

0

0

0

0

772

0

54.25

Eladio González Maside

1

68

1576

Uceira

Monte alto

0

0

0

0

1.786

0

54.26

Descoñecido

1

68

1577

Uceira

Monte alto

10

0

0

178

2.497

0

55

CMVMC Eirexe, Ansareu, Espiña, Pazos e Valiña

1

68

1453

Serra do Picato

Monte alto

0

0

0

994

5.075

0

61

CMVMC Lebruxo

1

71

844

Monte

Monte alto

5.663

527

192

9.483

27.536

0

63

Manuel Mourelos González

1/2

71

385

Zarra Belón

Matogueira

0

24

63

0

0

0

63

Josefa Sánchez Vila

1/2

71

385

Zarra Belón

Matogueira

0

24

63

0

0

0

64

José Isaac Gallego Becerra

1/6

71

401

Xunto Zarras

Monte baixo

0

25

59

0

0

0

64

Francisco González Cando

1/6

71

401

Xunto Zarras

Monte baixo

0

25

59

0

0

0

64

Gabriel Herbón González

1/6

71

401

Xunto Zarras

Monte baixo

0

25

59

0

0

0

64

Pilar López Pardo

1/6

71

401

Xunto Zarras

Monte baixo

0

25

59

0

0

0

64

Manuel Mourelos González

1/6

71

401

Xunto Zarras

Monte baixo

0

25

59

0

0

0

64

Josefa Sánchez Vila

1/6

71

401

Xunto Zarras

Monte baixo

0

25

59

0

0

0

Subestación –Concello de Baralla–

30

Ana María Vilariño Regal

1

68

484

Cerrado de Picato

Monte alto

2.267

0

0

0

0

0