A representación da titularidade do centro privado (CPR) FP Montecastelo, de Vigo, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Educación Infantil, o CS Comercio Internacional e o CS Transporte e Loxística, na modalidade presencial.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e na Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do centro para impartir, na modalidade presencial, o CS Educación Infantil, o CS Comercio Internacional e o CS Transporte e Loxística. O centro queda configurado como se detalla a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: FP Montecastelo.
Código: 36025165.
Enderezo: rúa Doctor Paz Pardo, 84.
Localidade: Vigo.
Concello: Vigo.
Código postal: 36214.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Fomento de Centros de Enseñanza, S.A.
Composición resultante:
Ensinanzas de formación profesional:
a) Modalidade presencial, réxime ordinario:
• CM Guía no Medio Natural e de Tempo Libre (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• CM Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• CM Instalacións Eléctricas e Automáticas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• CS Acondicionamento Físico (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• CS Automatización e Robótica Industrial (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• CS Comercio Internacional (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• CS Educación Infantil (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• CS Transporte e Loxística (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• Curso de Especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información (1 unidade para 20 alumnos/as).
• Curso de Especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación (1 unidade para 20 alumnos/as).
• Curso de Especialización en Dixitalización do mantemento industrial (1 unidade para 20 alumnos/as).
b) Modalidade semipresencial e/ou a distancia, réxime para persoas adultas:
• CM Guía no Medio Natural e de Tempo Libre.
• CM Sistemas Microinformáticos e Redes.
• CM Instalacións Eléctricas e Automáticas.
• CS Acondicionamento Físico.
• CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva.
• CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede.
• CS Automatización e Robótica Industrial.
• CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.
• CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos ditos ciclos, así como o equipamento.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se deba modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades