DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22091

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO do 11 de marzo de 2024 de notificación aos titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas (expediente 4490/2017).

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nos parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data de inspección

Referencia catastral

Polígono e parcela

Propietario/a

15.8.2023

36045A051019250000WH

Polígono 51, parcela 1925

Sofía Iglesias Gómez

15.8.2023

36045A051019260000WW

Polígono 51, parcela 1926

Antonio Collazo del Palacio

15.8.2023

36045A051019270000WA

Polígono 51, parcela 1927

Matilde Iglesias Rivas

15.8.2023

36045A051019290000WY

Polígono 51, parcela 1929

Ángel Ballesteros

15.8.2023

36045A051018940000WU

Polígono 51, parcela 1894

En investigación

17.8.2023

36045A051018960000WW

Polígono 51, parcela 1896

Josefa López Lago-Josefa Domínguez Boullosa

18.8.2023

36045A051017240000WX

Polígono 51, parcela 1724

En investigación

17.8.2023

36045A051017260000WJ

Polígono 51, parcela 1726

Francisco Lago Alonso

17.8.2023

36045A051017270000WE

Polígono 51, parcela 1727

Herdeiros Jaime Lago Alonso

17.8.2023

36045A051017280000WS

Polígono 51, parcela 1728

Antonio Pereira Santorio

17.8.2023

36045A051017290000WZ

Polígono 51, parcela 1729

Dolores Peni Cabaleiro

17.8.2023

36045A051017300000WE

Polígono 51, parcela 1730

Josefa López Lago

17.8.2023

36045A051017320000WZ

Polígono 51, parcela 1732

Baldomero Casal Cabaleiro

17.8.2023

36045A051017330000WU

Polígono 51, parcela 1733

Rosa Fajardo Lago

18.8.2023

36045A051017340000WH

Polígono 51, parcela 1734

Hrdos. José Costoya Amoedo

17.8.2023

36045A051017390000WG

Polígono 51, parcela 1739

Virginia Álvarez Álvarez

18.8.2023

36045A051060140000WW

Polígono 51, parcela 6014

En investigación

18.8.2023

36045A051020790000WF

Polígono 51, parcela 2079

Ángel Couto González

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán estar completadas antes do primeiro día de abril.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima para impoñer por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Referencia catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional dos traballos de xestión biomasa

36045A051019250000WH

830,65

3.545,82 €/ha

294,53 €

36045A051019260000WW

469,95

3.545,82 €/ha

166,64 €

36045A051019270000WA

986,54

3.545,82 €/ha

349,81 €

36045A051019290000WY

1.119,08

3.545,82 €/ha

396,81 €

36045A051018940000WU

465,72

3.545,82 €/ha

165,14 €

36045A051018960000WW

1.281.92

3.545,82 €/ha

454.55 €

36045A051017240000WX

84,09

3.545,82 €/ha

29,82 €

36045A051017260000WJ

360,13

3.545,82 €/ha

127,70 €

36045A051017270000WE

447,51

3.545,82 €/ha

158,68 €

36045A051017280000WS

145,59

3.545,82 €/ha

51,62 €

36045A051017290000WZ

334,42

3.545,82 €/ha

118.58 €

36045A051017300000WE

454,41

3.545,82 €/ha

161,13 €

36045A051017320000WZ

396,98

3.545,82 €/ha

140,76 €

36045A051017330000WU

450,95

3.545,82 €/ha

159,90 €

36045A051017340000WH

322,11

3.545,82 €/ha

114,21 €

36045A051017390000WG

513,06

3.545,82 €/ha

181,92 €

36045A051060140000WW

1.415,65

3.545,82 €/ha

501,96 €

36045A051020790000WF

28,46

3.545,82 €/ha

10,09 €

4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Redondela, 11 de marzo de 2024

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa