DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22096

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da zona de edificación universitaria ZEU-25 (Ciencias da Saúde) do Plan especial de ordenación do Campus Universitario (PE-8).

O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o 29 de febreiro de 2024, adoptou o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente, sen modificacións respecto do inicialmente aprobado, o estudo de detalle da zona de edificación universitaria ZEU-25 (Ciencias da Saúde) do Plan especial de ordenación do Campus Universitario (PE-8), presentado con data do 19 de febreiro de 2024, formulado pola Universidade de Santiago de Compostela e asinado polo arquitecto Pedro Diéguez Iglesias.

O ámbito sitúase na beira norte da avenida Mestre Mateo, e atópase integrado pola parcela catastral 5970609NH3457B0001XP, e parte da 5970601NH3457B0001LP.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

A alcadesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica