DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22097

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Traída de Augas de Candean Rabadeira

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Isidro García Carrera, con DNI ***0721**, actuando como presidente da Comunidade de Traída de Augas de Candean Rabadeira, por este anuncio convoco para o vindeiro día 20 de abril de 2024, na Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candean, ás 19.00 horas en primeira convocatoria e ás 19.30 en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme á seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Informe do presidente.

3. Estado de contas de 2023.

4. Futuras obras que se vaian realizar.

5. Facultar a Xunta Directiva para solicitar subvencións en nome da comunidade.

6. Rogos e preguntas.

Vigo, 6 de marzo de 2024

Isidro García Carrera
Presidente da Comunidade de Traída de Augas de Candean Rabadeira