DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22098

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Traída de Augas de San Andrés de Figueirido-Vilaboa

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Carlos Alberto Boullosa Bugallo, con DNI ***0091**, actuando como presidente da Comunidade de Traída de Augas de San Andrés de Figueirido-Vilaboa, por este anuncio convoco para o vindeiro día 28 de abril de 2024, na Casa Cultural de Figueirido, ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme á seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Lectura da acta anterior e aprobación, se procede.

2. Estado de contas.

3. Informe do presidente.

4. Nomeamento da nova Xunta Directiva.

5. Autorizar a Xunta Directiva para solicitar subvencións e axudas en nome da comunidade.

6. Rogos e preguntas.

Balteiro-Vilaboa, 8 de marzo de 2024

Carlos Alberto Boullosa Bugallo
Presidente da Comunidade de Traída de Augas de
San Andrés de Figueirido-Vilaboa