DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22089

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da aprobación inicial dun estudo de detalle para a ordenación dos volumes de dúas parcelas situadas no lugar de Nabeiras da parroquia de Sésamo.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 22 de xaneiro de 2024 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación dos volumes de dúas parcelas, situadas no lugar de Nabeiras da parroquia de Sésamo, que promoven José Andrés Pérez Vidal, Berta Fernández Méndez, Juan Carlos Fernández Méndez e Susana Fernández Rodríguez, que asinou o arquitecto Antonio Pernas Varela o 29 de agosto de 2023.

Segundo. Someter o documento aprobado inicialmente ao trámite de información pública por un prazo dun mes, coa publicación de anuncios para tal fin no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello e no portal de transparencia municipal, coa publicación tamén na sede electrónica do estudo de detalle aprobado inicialmente que se somete a información pública.

Durante o prazo que se cita, que conta desde o día seguinte ao da última publicación que se realice, poderase examinar o documento na Área de Urbanismo (na casa do concello, situada na rúa do Concello, número 12, Culleredo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Terceiro. Notificar o acordo de forma individual ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Cuarto. Advertir que o acordo de aprobación inicial determina a suspensión do outorgamento de aprobacións, autorizacións e licenzas urbanísticas, na área de modificación do réxime urbanístico vixente. A duración da suspensión comprende o prazo máximo de dous anos, e extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Durante este prazo poderase examinar o documento na Área de Urbanismo (na casa do concello, situada na rúa do Concello, número 12, Culleredo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Culleredo, 12 de marzo de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023, BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Iglesias Becerra
Concelleira delegada da Área de Urbanismo