DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 14 de marzo de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, polo que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo polos servizos sanitarios prestados no Hospital da Barbanza.

Por medio deste anuncio, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro ou que se alegaron distintos motivos para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES61 0081 5363 21 0001082819 do Banco Sabadell, S.A. nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo este anuncio. A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ribeira, 14 de marzo de 2024

Eloína Nuñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

X05379975E

Fra. 202330555

2.8.2023

401,94

052452641Z

Fra. 202330556

2.8.2023

779,30

053796053L

Fra. 202330557

2.8.2023

401,94

053796053L

Fra. 202330558

2.8.2023

5.707,34

Y00165042P

Fra. 202330559

2.8.2023

964,61

052458942J

Fra. 202330560

2.8.2023

401,94

053482039R

Fra. 202330572

4.8.2023

1.156,66

032778803P

Fra. 202330586

7.8.2023

442,29

54548547E

Fra. 202330773

26.9.2023

976,70

054228330B

Fra. 202331026

24.11.2023

442,29

Y09935895R

Fra. 202430091

1.2.2024

442,29

071507873E

Fra. 202430109

5.2.2024

401,94