DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 20 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderase interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de marzo de 2024

Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

32737992E

32737992E/09-11-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Narón

32976029D

32976029D/08-11-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

A Coruña

47380245S

47380245S/28-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

A Coruña

53489996T

53489996T/09-06-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ribeira

54705984R

54705984R/20-10-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Arteixo

X7243670G

X7243670G/09-08-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Fene

Y0826532H

Y0826532H/16-10-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Santiago de Compostela

Y3856606A

Y3856606A/05-07-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Cedeira

Y4341161V

Y4341161V/13-11-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ribeira

Y6201937R

Y6201937R/31-08-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Narón

Y9034221L

Y9034221L/07-11-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Arteixo