DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia na tramitación do expediente de maquinaria agrícola 321000112209.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa eficacia queda supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Explotacións Agrarias.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, números 4 e 6, baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 18 de marzo de 2024

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

321000112209

34954272E

Prazo de alegacións