DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento total da axuda para a creación de empresas para persoas agricultoras mozas (procedemento MR404A).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa interesada a resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento total da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas para o ano 2019, por resultar infrutuosos os intentos de notificación por correo certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro da dita resolución, a persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os prazos se computarán a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro dereito que consideren pertinente. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar os recursos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.S. (Resolución do 16.1.2024)
Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Procedemento: axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (MR404A).

Expediente número: 15/50052/19/A.

NIF da persoa interesada: 54654788A.

Acto de notificación: resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento total da axuda.