DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2024 Páx. 21930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente VI-99377 e sete máis).

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse as persoas citadas no dito anexo, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, para a notificación das resolucións ditadas nos procedementos que se indican competencia desta xefatura territorial.

No prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do acto que se notifica, advertíndolles que, de non facelo así, se terá por practicada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Advírtese que contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, se poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 12 de febreiro de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/VI-99377

07182101Y

Resolución que ten por desistida a solicitude

3.10.2023

BS210A/VI-99943

00748962J

Resolución que ten por desistida a solicitude

3.10.2023

BS210A/PO-101279

35195024X

Resolución que ten por desistida a solicitude

20.11.2023

BS210A/VI-101571

53974763L

Resolución que ten por desistida a solicitude

3.10.2023

BS210A/VI-102302

35874941R

Resolución que ten por desistida a solicitude

20.11.2023

BS210A/VI-102920

02168801Q

Resolución que ten por desistida a solicitude

20.11.2023

BS210A/VI-104560

35923935M

Resolución que ten por desistida a solicitude

3.10.2023

BS210A/VI-98768

Christian Loffredo Rodríguez

Resolución que ten por desistida a solicitude

20.11.2023