DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2024 Páx. 21932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente PO-104624 e un máis).

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse as persoas citadas no dito anexo, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, para a notificación dos requirimentos de emenda de solicitudes ditados nos procedementos que se indican competencia desta xefatura territorial.

No prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do acto que se notifica, advertíndolles que, de non facelo así, se terá por practicada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, de non atenderen o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Vigo, 12 de febreiro de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento
Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/PO-104624

33181173Q

Requirimento de emenda solicitude

12.6.2023

BS210A/PO-107223

35303724N

Requirimento de emenda solicitude

12.6.2023