DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2024 Páx. 21928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 18 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se lle notifica á interesada a resolución do procedemento SXRH-PD-4/23 e se cita para a entrega dunha copia da resolución.

No procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-4/23 nesta consellería, intentouse notificarlle á interesada a resolución que pon fin ao procedemento, así como o escrito de corrección de erros desa resolución. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que lle sirva de notificación da resolución á persoa interesada.

Cítase a persoa interesada (NIF 34251442A) para o día 16 de abril de 2024, ás 10.30 horas, no Servizo de Réxime Xurídico e Recursos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, co obxecto de comparecer nesas dependencias no día e hora citados para a entrega dunha copia da resolución que puxo fin ao procedemento, así como do escrito de corrección de erros daquela, coa finalidade de que poida coñecer o contido íntegro desa resolución. O Servizo de Réxime Xurídico e Recursos está situado nas dependencias da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no edificio 2 do Complexo Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano, s/n, na cidade de Santiago de Compostela. Na comparecencia a persoa interesada deberá acreditar a súa identidade ou acreditar a representación por calquera medio válido en dereito se comparece outra persoa en representación da interesada.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe formular directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela (en correspondencia coa sede do órgano que ditou esta resolución) ou no xulgado do contencioso-administrativo correspondente ao domicilio da persoa interesada, nos termos dos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Con carácter previo e potestativo ao recurso contencioso-administrativo, poderase formular recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os prazos citados comezarán a contar desde o 16 de abril de 2024, isto é, desde o día seguinte ao fixado neste anuncio para que a interesada poida comparecer nas dependencias da Consellería para coñecer o contido íntegro da resolución do procedemento.

Advírteselle á persoa interesada que, se non presenta recurso en tempo e forma, a resolución será firme.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Ref. expediente

Data da resolución

Preceptos
infrinxidos

Preceptos sancionadores

Sanción

34251442A

SXRH-PD-4/23

20.12.2023

Artigo 185.1.c) da Lei 2/2015

Artigo 188.c) da Lei 2/2015

Suspensión firme de funcións durante 3 anos e 1 día