DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2024 Páx. 21581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Forcarei (expediente DH.A36.58931).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 11 de xullo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Manuel José Villaverde Villaverde e Dolores Villaverde Rey unha concesión de 537,00 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Noveliza, parroquia de Aciveiro (Santa María), no concello de Forcarei (Pontevedra), con destino a abastecemento.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións