DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2024 Páx. 21579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0090/2023-PPM e dez máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0090/2023-PPM e dez máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

A Coruña, 15 de marzo de 2024

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0090/2023-PPM

32918946N

Resolución

r/ Exército Español, bl. 17, 4º B, Ferrol

PSC-FE-0100/2023-PPM

32735330M

Resolución

r/ Enrique Granados, bl. 41, portal 6, 3º dta., Ferrol

PSC-FE-0112/2023-PPM

32675629N

Resolución

r/ Pardo Bazán, 46-48, 1º D, Ferrol

PSC-FE-0117/2023-PPM

53798622N

Resolución

r/ Outeiro, bloque 2 C, 1º C , Artes, Ribeira

PSC-FE-0126/2023-PPM

46898489V

Resolución

r/ José Baldomir, 13, 1º dta., A Coruña

PSC-FE-0129/2023-PPM

32789449M

Resolución

Avenida de Hércules, 150, 4º esqda., A Coruña

PSC-FE-0134/2023-PPM

32713380C

Resolución

Camiño Xesteira,1, portal 2, 1º G, Fene

PSC-FE-0135/2023-PPM

78928249T

Resolución

r/ Pontevedra, 49, 4º, Ferrol

PSC-FE-0139/2023-PPM

32699160Z

Resolución

Avenida Bazán, 16, 4º D, Ferrol

PSC-FE-0356/2023-PPM

32708631D

Resolución

Avenida Conces, 48, 4º C, Fene

PSC-FE-0019/2024-TRA

09449753L

Resolución

r/ Cedeira, 1, baixo esqda., Ferrol