DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2024 Páx. 21582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de marzo de 2024 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 49/2024 no expediente de reposición da legalidade PON/121/2018-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario núm. 49/2024, interposto pola persoa con DNI 77459622S, contra a resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 18 de xaneiro de 2024, expediente PON/121/2018-RP1, pola que se declara que as obras de apertura dun viario no lugar de Outeiro, parroquia de Adina, no concello de Sanxenxo, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena á persoa con DNI 36084348Q, na súa condición de propietario, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior á apertura do camiño, xa que resultaron probado as actuacións realizadas no camiño ao longo dos anos 2004, 2008, 2010 e 2017, e ordena á persoa con DNI 77459622S, na súa condición de promotor, a reposición do terreo ao estado anterior á colocación da capa de saburra reciclada no camiño, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 35427660R para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística