DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 2024 Páx. 21188

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2024 pola que amplía o prazo establecido de resolución do proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal de administración e servizos, convocado mediante a Resolución do 1 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución do 1 de decembro de 2022 convocouse o proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal de administración e servizos (DOG do 16 de decembro).

Na base 6.3 da convocatoria establécese: «A resolución final deste proceso selectivo ditarase antes de que transcorran seis meses desde a constitución do correspondente tribunal, sen contar o mes de agosto».

Porén, diversas cuestións de carácter organizativo e procedemental impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo anterior, polo que, conforme as propostas elevadas polos tribunais cualificadores e de conformidade co establecido no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se fai precisa unha ampliación do prazo máximo para resolver este procedemento selectivo.

En consecuencia, esta reitoría, en uso das atribucións que ten conferidas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Ampliar en catro meses o prazo de resolución do procedemento, de acordo co establecido na base 6.3 da Resolución do 1 de decembro de 2022 pola que se convocou o proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Segundo. Contra esta resolución non cabe recurso, de conformidade co artigo 23.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 19 de marzo de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo