DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 2024 Páx. 21187

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 19 de marzo de 2024 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca a concurso público unha praza de profesorado permanente laboral.

A oferta de emprego público de 2021 foi publicada mediante a Resolución do 16 de marzo de 2021 (DOG do 26 de marzo).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU); na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio) e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro); nas normas provisionais de adaptación dos procedementos de selección de PDI á LOSU e a súa normativa de desenvolvemento, aprobados nos consellos de Goberno do 27 de abril de 2023, 24 de outubro de 2023 e 20 decembro de 2023, e na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, no non regulado expresamente nas normas provisionais de adaptación, esta reitoría fai público que mediante a Resolución do 19 de marzo se convoca un concurso para a provisión das seguintes prazas de profesorado permanente laboral:

• Oferta de emprego público do ano 2021: 1 praza reservada para a incorporación de persoal investigador doutor que teña superada a avaliación do Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora (I3) ou que obtivese o certificado como investigador/a establecido/a (R3).

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de marzo de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 16.1.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado