DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 2024 Páx. 21186

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2024 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Métodos de Investigación e Diágnostico en Educación.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 2 de novembro de 2023 (BOE do 16 de decembro) para a provisión da praza número 23/032 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Métodos de Investigación e Diágnostico en Educación, Departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación desta universidade, a favor de Nuria Rebollo Quintela, con DNI número ***7939**, e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatória,

Esta reitoría, en uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema universitário, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Nuria Rebollo Quintela profesora titular de universidade da área de coñecemento de Métodos de Investigación e Diágnostico en Educación, Departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpor un recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 19 de marzo de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 16.1.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado