Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: cambio de localización e automatización do CT Morgallón.
Situación: concello do Vicedo.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Riobarba en dobre circuíto, con orixe no PAS instalado no apoio existente A53481 e final no CT 7271 Morgallón proxectado, cunha lonxitude de 40 metros cada circuíto, en condutor HEPRZ1-240 mm, desprázanse as puntas do condutor da LSAT a CT 6933 Depuradora desde o apoio A53481 existente ata o novo CT 7271 Morgallón.
• Centro de transformación prefabricado 7271 Morgallón, cunha potencia máxima admisible de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de protección con fusibles, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmantelar o CT Morgallón, os fusibles XS e 30 metros de condutor RHZ1-150 mm.
Finalidade da instalación: mellora de instalacións.
Orzamento: 80.248,56 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello do Vicedo.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 15 de marzo de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo