DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2024 pola que se corrixe a Resolución do 6 de xullo de 2023 pola que se fai pública a formalización do encargo coa Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) para a execución do servizo de apoio e asistencia técnica á zona hidrográfica Galicia Sur de Augas de Galicia na tramitación de autorizacións de usos privativos por disposición legal, concesións de augas e obras e traballos en zona de policía de leitos (expediente ENC.23009).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 142, do 27 de xullo de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 46143, no título do anuncio, onde di: «Resolución do 6 de xullo de 2023 pola que se fai pública a formalización do encargo coa Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa)», debe dicir: «Resolución do 6 de xullo de 2023 pola que se fai pública a formalización do encargo coa empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec)».

– Na páxina 46145, na epígrafe 2.6. Empresa destinataria do encargo, onde di: «Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) con NIF A28476208», debe dicir: «Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) con NIF A79365821».

– Na páxina 46145, na epígrafe 2.11.2. Admisión de prórrogas do encargo, onde di: «non proceden prórrogas con incremento do gasto», debe dicir: «previsión de prórrogas con incremento do gasto ata un máximo de 36 meses».

Mantense invariable o resto do contido do anuncio de licitación non afectado pola presente corrección.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia