DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de marzo de 2024 pola que se empraza a persoa interesada no procedemento ordinario 55/2024 en relación co expediente de reposición da legalidade PON/305/2022-RP1.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra en relación co procedemento ordinario número 55/2024, interposto pola persoa con DNI 76818511Y, contra a resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 20 de decembro de 2023, expediente PON/305/2022-RP1, pola que se declara que as obras consistentes na instalación dunha edificación prefabricada para uso residencial no lugar de Fornotilleira, parroquia de Camanzo, no concello de Vila de Cruces, parcela catastral 36059G503010420000OZ, no son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e se ordena a retirada da edificación prefabricada, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, no prazo máximo de tres meses, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 76818512F para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística