DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20912

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, subgrupo AP, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 11 de marzo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de novembro de 2023 (DOG núm. 229, do 1 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, subgrupo AP, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Anular a pregunta 37 da parte específica. O seu lugar pasa a ser ocupado pola pregunta de reserva número 63 da parte específica.

Segundo. Desestimar as restantes reclamacións presentadas ao dito exercicio.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos.

Na primeira parte do exercicio será necesario obter un mínimo de dez (10) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Na segunda parte será necesario obter un mínimo de vinte (20) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do exercicio, aprobados polo tribunal na sesión do día 5 de xaneiro de 2024, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia www.funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarán este exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións ata completar un número de catro (4) persoas, sempre e cando acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Advírtese que as preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán ningunha puntuación.

En caso de empate, todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte consideraranse igualmente aprobadas, aínda que se superase o número de aspirantes antes indicado.

Ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada asignaráselles a valoración de trinta (30) puntos no exercicio. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os trinta (30) e os sesenta (60) puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

As persoas aspirantes que non superen o exercicio serán declaradas non aptas.

Unha vez realizada a corrección na sesión que tivo lugar o 7 de marzo de 2024, acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 4 aspirantes no seu conxunto, e fixouse en corenta e catro con setenta e cinco (44,75) o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base III.1.1 da convocatoria, e que os aspirantes superasen, en cada unha das partes do exercicio, o mínimo do 50 % das respostas correctas.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o 27 de xaneiro de 2024, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, subgrupo AP, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), e modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), no portal web da Xunta de Galicia www.funcionpublica.xunta.gal.

Quinto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides https://fides.xunta.gal

Sexto. De conformidade co disposto na base V.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2024

Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal