DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 12 de marzo de 2024 polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 0000320/2023, relacionado cos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

En cumprimento do oficio remitido polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, no cal se ordena o emprazamento aos interesados, en relación co recurso contencioso-administrativo PA 0000320/2023 interposto contra a Resolución do 19 de outubro de 2023, pola que se nomean as persoas seleccionadas no proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo nas prazas de titulado/a superior investigador/a, adscritas ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e doutor/a investigador/a, adscritas ao Centro de investigacións Agrarias de Mabegondo, referenciadas no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, de acordo co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse cantos aparezan como interesados no procedemento para que poidan presentarse ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, no prazo de nove (9) días contado desde a publicación deste anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria