DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 8 de marzo de 2024, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en varios expedientes do Programa do bono de alugueiro social.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouno o director xeral do IGVS.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 8 de marzo de 2024

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

15-BONAL-047/2019

***0938**

Resolución da declaración da perda do dereito á primeira prórroga da subvención do programa do bono de alugueiro social

15-BONAL-552/2022

***5392**

Desistencia tácita

VI482F1500216

***9297**

Desistencia tácita

VI482F1500483

***0344**

Resolución de concesión

VI482F1500587

***5620**

Resolución de concesión

VI482F1500547

***2903**

Resolución de concesión

VI482F1500713

***5525**

Resolución de concesión

VI482F1500465

***5345**

Resolución de concesión

VI482F1500124

***2197**

Resolución de concesión dunha prórroga

VI482F1500241

***8612**

Resolución de concesión dunha prórroga

VI482F1500494

***4753**

Desistencia expresa

VI482F1500749

***2319**

Desistencia expresa

VI482F1500701

***5741**

Resolución de inadmisión

VI482F1500770

***1707**

Resolución de inadmisión

VI482F1500731

***2116**

Resolución de denegación

VI482F1500767

***8486**

Resolución de denegación

VI482F1500685

***4649**

Resolución de denegación