En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: José Luís Trillo Suárez/CCRR A Pontella.
DNI: ***4664**.
Expediente: DH.A15.97610.
Volume total anual: 1.796,20 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,33 l/s.
Destino: rega.
Orixe: rego superficial.
Lugar: Porto Pereiras.
Parroquia: Roo.
Concello: Noia.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de auga desde un rego á altura das parcelas nº 422 e 440 do polígono 10, mediante tubaxe de 63 mm de diámetro, e condución ata un areeiro con válvula de corte e seis depósitos de 1.000 litros cada un, na parcela 3456, e desde aquí por tubaxe de 32 mm, ata a parcela 501, para ser empregada na rega por goteo nas parcelas nº 501, 502, 503, 504, 507, 509, 510 e 511.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 de Santiago de Compostela (A Coruña) solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da
Zona Hidrográfica Galicia Centro