DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20602

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO da convocatoria para prover varias prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 53, do 14 de marzo de 2024, publicáronse os anuncios relativos ás bases, así como as convocatorias que rexerán os seguintes procedementos de selección das seguintes prazas:

– Unha praza de auxiliar administrativo/a, persoal funcionario. Forma de provisión: oposición. Quenda: libre.

– Unha praza de oficial de obras, persoal laboral fixo. Forma de provisión: oposición. Quenda: libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Oroso, 14 de marzo de 2024

Alexander Doval Expósito
Alcalde