DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20603

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO da convocatoria para cubrir unha praza de traballador/a social.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 35, do 19 de febreiro de 2024, foron publicadas íntegramente as bases que regulan a convocatoria para a praza de traballador/a social (A2) pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de oposición, quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria serán obxecto de publicación na forma prevista nas bases reguladoras da mesma.

Ortigueira, 28 de febreiro de 2024

José Valentín Calvín Fondevila
Alcalde