DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 15 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se somete a información pública o proxecto dunha planta de manipulación e envasado de peixe en Rianxo (A Coruña), promovido por Stolt Sea Farm, S.A. e declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de xaneiro de 2024.

En cumprimento do disposto no artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada co proxecto que se detalla a seguir.

Antecedentes:

1. O 11.1.2024, o proxecto dunha planta de manipulación e envasado de peixe en Rianxo (A Coruña), promovido por Stolt Sea Farm, S.A. foi declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) por Acordo do Consello da Xunta de Galicia, ao abeiro do establecido no Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.

2. O 6.3.2024, a promotora presenta a documentación exixida pola normativa aplicable. Unha vez completa a documentación de acordo co artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, a Secretaría Xeral de Industria da Consellería de Economía, Industria e Innovación continúa coa tramitación do expediente e somete a información pública o proxecto básico dunha planta de manipulación e envasado de peixe en Rianxo (A Coruña).

• Solicitante/promotora: Stolt Sea Farm, S.A.

• NIF: A28682987.

• Domicilio social: rúa Letonia, 2B, -2, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña).

• Denominación do proxecto: industria de procesado e envasado de peixe plano procedente de acuicultura terrestre sostible.

• Concello afectado pola industria: Rianxo (A Coruña).

• Situación da industria: parque empresarial de Rianxo (A Coruña). Parcelas núm. 31, 37, 38, 45, 46 e 47.

• Descrición do proxecto: preténdese a implantación dunha industria de manipulación e envasado de peixe plano (linguado e rodaballo) para responder á demanda de novos formatos de comercialización e transformar a empresa dun produtor primario a unha empresa de alimentación integrada. O obxectivo é aumentar a produción desde 7.200 Tm/ano en 2023 ata 16.505 Tm/ano en 2035.

• Investimento: 45.219.993,46 €.

• Documentación que se expón:

– Proxecto básico para industria de procesado e envasado de peixe plano procedente de acuicultura terrestre sostible.

O que se fai público, de conformidade co artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A dita documentación poderá consultarse no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/proxectos-industriais-estratexicos

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2024

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral de Industria