DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador PO-8/2023-IC.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente sancionador en materia de política industrial PO-8/2023-IC.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial desta xefatura territorial, situadas na praza da Estrela, s/n, Edificio Administrativo da Xunta, 6º andar, de Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte o da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio publicarase, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

Fronte á resolución do procedemento, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda no prazo de dous (2) meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, en concordancia co artigo 123.1 da 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Non obstante, con carácter potestativo e previo ao recurso contencioso-administrativo antes sinalado, poderá interpoñer, segundo o disposto no referido artigo 123.1 da Lei 39/2015, recurso de reposición ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 11 de marzo de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: PO-8/2023-IC.

Interesado: 35456203R.

Enderezo: rúa Waldo Álvarez Insúa, 9 ,1º, A Estrada (Pontevedra).

Acto que se notifica: Resolución sancionadora do 12 de febreiro de 2024.