Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: soterramento liñas de media tensión e reforma CT Fazouro.
Situación: concello de Foz.
Características técnicas principais:
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV modificado LMT S. Martiño derivación Morgallón-Fazouro, con orixe no apoio existente 4BF05743-50 (1) e final no apoio proxectado 1 (3) tipo C-4500/14, cunha lonxitude de 198,62 metros de condutor tipo LA-110 existente.
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV modificado LMT Cangas derivación Bargado-Fazouro, con orixe no apoio existente 2A78108 (1) e final no apoio proxectado 2 (2) tipo C-4500/14, cunha lonxitude de 65,24 metros de condutor tipo LA-110 existente.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV S. Martiño entrada desde CT Morgallón, con orixe no apoio proxectado 1 (3) tipo C-4500/14 e final nunha cela do novo CT 7078 Fazouro (proxectado), cunha lonxitude de 478 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cangas entrada desde CT Bargado, con orixe no apoio proxectado 2 (2) tipo C-4500/14 e final nunha cela do novo CT 7078 Fazouro (proxectado), cunha lonxitude de 573 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Centro de transformación prefabricado 7078 Fazouro, cunha potencia máxima admisible de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmantelamento do CT existente 1456 Fazouro, desmontaxe de 3 apoios de celosía metálica, un apoio de formigón e 452 metros de condutor tipo LA-110.
Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
Orzamento: 223.377,07 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Foz.
• Separata para a Axencia Galega de Infraestruturas.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 7 de marzo de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo