DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20448

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala de xerocultor, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 13 de marzo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso na escala de xerocultor, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro. Logo de revisar as reclamacións presentadas contra o exercicio do proceso selectivo, e ao abeiro do previsto na base III.1.2.7 da convocatoria, anular a pregunta 28, que pasará a ser substituída pola pregunta 81.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións presentadas contra o exercicio.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.1.1.b) da convocatoria, polo Acordo deste tribunal, do 1 de febreiro de 2024, de corrección, valoración e superación do exercicio da fase do oposición do proceso selectivo, estableceuse que superarían o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de sesenta (60), sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

O exercicio cualificarase de cero (0) a sesenta (60) puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos. Asignarase a valoración de trinta (30) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os trinta (30) e os sesenta (60) puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Considerarase, tamén, que superan o exercicio todas as persoas aspirantes que, de ser o caso, obteñan idéntica puntuación a aquela que marque a nota de corte establecida nos criterios anteriores.

Cuarto. Realizada a corrección na sesión do 13 de marzo de 2024, de acordo coas normas e criterios anteriores, acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 23 aspirantes. Asignóuselles a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obtiveron unha nota equivalente á nota de corte fixada en 32,00 respostas correctas netas, sempre que acadasen o mínimo do 40 % en cada unha das partes (fixado para a parte xeral en 12 respostas correctas e para a parte específica en 20 respostas correctas).

Ao resto das persoas declaradas aptas asignóuselles unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Quinto. Publicar, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas por todas as persoas aspirantes presentadas á proba da fase de oposición do proceso selectivo.

Sexto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

María del Carmen Recarey Rey
Presidenta do tribunal