DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20446

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 13 de marzo de 2024, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2, o segundo exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel do Celga requirido no proceso selectivo (Celga 3 ou equivalente).

Segundo. Realizada a corrección do segundo exercicio na sesión do 13 de marzo de 2024, publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes convocadas:

NIF

Apelidos e nome

Cualificación 2º exercicio

***0396**

Ceide Calviño, Yolanda

Apta

***6914**

Dasilva Martínez, Patricia

Apta

***0983**

Fernández Lareo, María Cristina

Apta

***6642**

García Lodeiro, María José

Apta

***7576**

Jiménez Corcoles, Mercedes

Apta

***1873**

Rodríguez Rodríguez, María Sonia

Apta

***6967**

Vila Sobrino, Tatiana

Apta

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

Encarnación Díaz Martínez
Presidenta do tribunal