DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 29 de febreiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Carbeira, Freitas e Portocabalo, a favor dos veciños de Aldea de Deva, no concello de Pontedeva.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 20 de febreiro de 2024, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Carbeira, Freitas e Portocabalo, na parroquia de Pontedeva (San Breixo), no concello de Pontedeva, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 3 de xuño de 2022 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños de Aldea de Deva, en que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Carbeira, Freitas e Portocabalo.

Segundo. O 17 de abril de 2023, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Os veciños de Aldea de Deva presentaron dous escritos de alegacións durante a tramitación do procedemento. No primeiro deles solicitan modificar o perímetro do monte, o cal ocuparía agora unha pequena fracción superficial dentro do termo de Padrenda; en concreto, trataríase da extensión das parcelas 32065A02200436, 32065A02200612 e 32065A02200613 situada dentro do T.M. de Padrenda. A dita modificación axústase á proposta de revisión de esbozo do MVMC Lamas, co cal linda.

No segundo deles solicítase o cambio de denominación do monte, que se pasaría a chamar Carbeira, Freitas e Portocabalo.

O Xurado, unha vez revisados os escritos de alegacións presentados, acorda a clasificación do monte, acepta a modificación proposta sobre o seu perímetro, así como a nova denominación do monte: Carbeira, Freitas e Portocabalo.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Carbeira, Freitas e Portocabalo.

Superficie: 22,01 ha.

Pertenza: veciños/as de Aldea de Deva.

Parroquia: Pontedeva (San Breixo).

Concello: Pontedeva.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1 (monte Carbeira):

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa referencia catastral 32065A02509007.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32065A02501234

32065A02501235

32065A02501245

32065A02501246

(parte)

Norte

32065A02509018

Leste

32065A02500383

32065A02500382

32065A02500381

32065A02500380

32065A02500379

32065A02500378

32065A02500377

32065A02500375

32065A02500374

32065A02500372

32065A02500371

32065A02500370

32065A02500367

32065A02500366

32065A02500365

32065A02500360

32065A02500359

32065A02500355

32065A02509007

32065A02500349

32065A02500348

32065A02500347

32065A02500346

Sur

32065A025000230

32065A025000231

32065A025001246

(resto)

32065A02500286

32065A02509007

Oeste

32065A02509007

32065A02501112

32065A02501106

32065A02501105

32065A02501104

32065A02501103

32065A02501102

32065A02501097

32065A02501096

32065A02501093

32065A02501089

32065A02501088

32065A02501087

32065A02501086

32065A02501085

32065A02501084

32065A02501083

32065A02501082

32065A02501081

32065A02501080

Predio 2 (Monte Freitas e Portocabalo):

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa referencia catastral 32065A02209005.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32057A02200339

(parte)

32065A02200436

32065A02200608

32065A02200609

(parte)

32065A02200612

(parte)

32065A02200613

Norte

32065A02209005

32065A02200498

Leste

32065A02209005

32065A02200481

32065A02200506

32065A02200480

32065A02200479

32065A02200477

32065A02200476

32065A02200475

32065A02200481

32065A02200441

32065A02200440

32065A02200439

32065A02200438

32065A02200437

32065A02200429

Sur

32065A02200429

32057A02200161

32057A02200339

32065A02200612 (resto)

32065A02200431

32065A02200432

32065A02200433

32065A02200434

Oeste

32057A02209003

32065A02209005

32065A02200609 (resto)

32065A02209002

32065A02209005

32065A02209003

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Carbeira, Freitas e Portocabalo, a favor dos veciños de Aldea de Deva, no concello de Pontedeva, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contenciosoadministrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 29 de febreiro de 2024

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense