DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de xaneiro de 2024, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola organización de produtores de marisco e cultivos mariños da provincia de Pontevedra de concesión administrativa no dominio público portuario do Xufre (A Illa de Arousa) para a ocupación do edificio código 13.04.EDF.001, titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade comercial de lonxa, para o sector pesqueiro e marisqueiro (expediente 13-04-23-C1).

A organización de produtores de marisco e cultivos mariños da provincia de Pontevedra, solicita a concesión administrativa no dominio público portuario do Xufre (A Illa de Arousa) para a ocupación do edificio código 13.04.EDF.001, titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade comercial de lonxa, para o sector pesqueiro e marisqueiro.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar lo expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2024

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia