DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de marzo de 2024 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 2 de febreiro de 2021 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/63/2019-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 29 de febreiro de 2024, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 2 de febreiro de 2021, recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/63/2019-RP1, ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución o interesado Gonzalo Antonio González Brochado, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle o interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle o interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística