DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira, nos concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), e que promove Begasa (expediente 2021/109 ATE).

Feitos:

1. O 29.10.2021 Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa; en diante, a promotora) presentou, ante a Xefatura Territorial de Lugo desta consellería (en diante, xefatura territorial), a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira, nos concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), á que se lle asignou o número de expediente IN407A 2021/109 ATE.

Esta solicitude acompañouse, ou completouse posteriormente, coa seguinte documentación técnica:

• Proxecto de execución denominado Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira, asinado o 19.9.2021 polo enxeñeiro industrial Jorge Sanz Varea (colexiado nº 2.803 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia –ICOIIG–) e visado por este colexio, con nº 20212866 e data do 23.9.2021; e no que figura un orzamento total de 4.054.183,70 euros.

• Declaración responsable asinada o 10.5.2021 polo técnico proxectista (incluída no proxecto), exixida no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Separatas técnicas do proxecto de execución para as entidades afectadas: Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Ministerio de Fomento, Minas, concellos de Mondoñedo e A Pastoriza, Montes, Deputación Provincial de Lugo, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Telefónica e Norvento.

• Informe ambiental, de data do 28.5.2021, xustificativo da non necesidade de sometemento a unha avaliación de impacto ambiental da infraestrutura eléctrica proxectada.

• Documentación para a expropiación (relación de bens e dereitos afectados –RBDA– e planos coas afeccións) e declaración responsable cos acordos acadados cos propietarios afectados (presentados pola promotora o 25.2.2022, en contestación a un requirimento da xefatura territorial do 27.1.2022).

A LAT 132 kV Mondoñedo-Meira-Estelo, obxecto do novo circuíto proxectado, foi tramitada e autorizada, a prol de Begasa, baixo o nº de expediente 005/2003-AT e coa denominación LAT 132 kV Mondoñedo-Meira, tramo II da LAT 132 kV Farrapa-Mondoñedo e modificación da actual LAT 132 kV Mondoñedo-Vilalba, téndose ditado as seguintes autorizacións, con carácter previo á autorización da súa posta en servizo de data do 15.10.2008:

• O 1.10.2004 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ditou resolución pola que se formulou a declaración de impacto ambiental da LAT 132 kV Mondoñedo-Meira, tramo II da LAT 132 kV Farrapa-Mondoñedo e modificación da actual LAT 132 kV Mondoñedo-Vilalba, nos concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), promovido por Begasa (clave 2004/0224), que se fixo pública mediante Resolución do 8.11.2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (DOG nº 229, do 24 de novembro).

• O 11.4.2005 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autorizou administrativamente, se aprobou o proxecto de execución e se declara de utilidade pública, en concreto, das instalacións da LAT a 132 kV Mondoñedo-Meira, tramo II da LAT 132 kV Farrapa-Mondoñedo e modificación da actual LAT 132 kV Mondoñedo-Vilalba, nos concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (expediente 005/2003 AT); (DOG nº 76, 21.4.2005).

• O 2.2.2006 o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo de aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado LAT a 132 kV Mondoñedo-Meira, tramo II da LAT 132 kV Farrapa-Mondoñedo e modificación da actual LAT 132 kV Mondoñedo-Vilalba, que se fixo público mediante Resolución do 21.2.2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (DOG nº 51, do 14 de marzo).

• O 11.6.2008 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autorizou e aprobou o proxecto de execución do modificado do proxecto LAT 132 kV Mondoñedo-Meira, tramo II da LAT 132 kV Farrapa-Mondoñedo e modificación da actual LAT 132 kV Mondoñedo-Vilalba, nos concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (expediente 5/2003 AT); (DOG nº 130, do 7 de xullo).

Segundo consta no proxecto de execución, considérase a instalación dun novo circuíto a 132 kV entre o apoio 22 da LAT 132 kV Mondoñedo-Meira-Estelo e a subestación de Meira (de 21.280 m de lonxitude), coa finalidade de mellorar a evacuación de enerxía eólica cara á subestación de Ludrio 400/132 kV e, ao mesmo tempo, independizar as conexións entre subestacións cun primeiro circuíto (existente), que conectará a subestación de Mondoñedo coa subestación de Meira, sen ningunha derivación, e un segundo circuíto (novo), que conectará a subestación de Estelo coa subestación de Meira, sen ningunha derivación. A continuación resúmense as actuacións proxectadas:

• Tramo entre os apoios existentes 22 e 35 (en aéreo e de 2.552 m de lonxitude): adaptaranse os armados dos apoios existentes, aproveitando as cimentacións, os fustes dos apoios e parte dos armarios, e instalarase o novo circuíto proxectado polo eixo da liña; tanto os dous circuítos existentes que se van manter como o circuíto proxectado estarán formados por condutor LA 280 dúplex; o cable de fibra óptica será substituído por cable OPGW 96 fibras 17 kA/0,3s.

• Tramo entre o apoio existente 35 e o proxectado 106 de paso aéreo-subterráneo (en aéreo e de 18.682 m de lonxitude): instalarase o novo circuíto con apoios en hexágono e cable de fibra óptica en cúpulas; aproveitaranse na medida do posible os apoios existentes adaptando ou substituíndo armados e reforzando partes do apoio en caso necesario, e os apoios que non é viable aproveitar serán substituídos nas inmediacións dos existentes que se van desmontar e no mesmo eixe da actual traza de liña existente, agás unha pequena variante entre os apoios 102 e 104 na que se desvía levemente da traza existente; tanto o circuíto existente que se van manter como o circuíto proxectado estarán formados por condutor LA 280 dúplex; o cable de fibra óptica será substituído por cable OPGW 96 fibras 17 kA/0,3s.

• Tramo entre o apoio proxectado 106 de paso aéreo-subterráneo e a subestación de Meira (en subterráneo e de 100 m de lonxitude): executarase o circuíto proxectado en subterráneo simple circuíto condutor RHZ1-OL 76/132 kV 1×1200 Cu + 205 e cable de fibra óptica PVT 96 fibras, en canalización en tubaxes formigonadas.

2. O 3.2.2022 a xefatura territorial trasladou as separatas técnicas do proxecto de execución, para os efectos de obter os seus informes ao respecto, ás seguintes entidades afectadas pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica (incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira): Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Ministerio de Fomento, Subdirección Xeral de Recursos Minerais, concellos de Mondoñedo e A Pastoriza, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Deputación Provincial de Lugo, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, AXI, Telefónica de España, S.A.U. e Norvento Enerxía, S.L. A este respecto:

• A Sección de Minas da Xefatura Territorial emitiu informe, en data do 17.2.2022, no que se fai constar a afección producida a un dereito mineiro (concesión de explotación nº LU/C/05530.2 en Mondoñedo), concluíndo que non procede analizar os prexuízos que se lle ocasionaría ao entenderse que non interfire no normal desenvolvemento da súa actividade.

• A continuación relaciónanse as entidades que emitiron, nas datas indicadas, o seu condicionado, do que se deu traslado á promotora, quen presentou a súa conformidade con estes: Dirección Xeral de Defensa do Monte (14.12.2022); Deputación Provincial de Lugo (25.2.2022), Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (20.4.2022), AXI (11.2.2022) e Norvento Estelo, S.L.U. (16.3.2022).

• Telefónica de España, S.A.U. emitiu informe, en data do 14.2.2022, mostrando a súa conformidade co proxecto.

• O Concello da Pastoriza emitiu informe, con data do 4.2.2022, no que fai constar que non vai establecer ningún condicionado, pero solicita que na medida do posible o apoio 71 se sitúe o máis próximo ao apoio 70 e ao límite do solo urbano, segundo plano achegado. Dese informe deuse traslado á promotora, quen contestou xustificando a imposibilidade de atender a dita petición.

• O resto de entidades consultadas (Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Ministerio de Fomento e Concello de Mondoñedo) non contestaron, polo que, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar, enténdese a súa conformidade co proxecto, de acordo co disposto no artigo 47.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

3. O 15.12.2022 a promotora, debido aos requirimentos de dous organismos (Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Augas de Galicia, dentro dos seus procedementos de outorgamento de autorización) e á xestión de permisos de paso, presentou unha nova documentación técnica, en substitución da presentada inicialmente, conformada por:

• Declaración responsable na que se relaciona a documentación técnica que non sufriu modificación (separatas: Montes, Concello de Mondoñedo, Ministerio de Fomento e Norvento) e a que sufriu modificación e volve presentar (baixo a epígrafe «Revisión 1»).

• Proxecto de execución denominado Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira (revisión 1), asinado o 17.8.2022 polo enxeñeiro industrial Jorge Sanz Varea (colexiado nº 2.803 do ICOIIG) e visado por este colexio, con nº 20223542 e data do 18.11.2022; e no que figura un orzamento total de 4.054.183,70 euros.

• Declaración responsable asinada o 2.8.2022 polo técnico proxectista (incluída no proxecto), exixida no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Separatas técnicas do proxecto de execución (revisión 1) para as entidades afectadas: Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Minas, Concello da Pastoriza, Deputación Provincial de Lugo, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, AXI e Telefónica.

• Documentación para a expropiación (RBDA e planos coas afeccións) e declaración responsable cos acordos acadados cos propietarios afectados.

Segundo consta neste novo proxecto de execución (revisión 1), inclúense as seguintes modificacións en relación co presentado inicialmente:

• Como consecuencia do requirimento da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural: modificación da localización do apoio nº 103.

• Como consecuencia do requirimento de Augas de Galicia: inclusión de novas afeccións con canles non consideradas, como consecuencia do requirimento de Augas de Galicia.

• Como consecuencia da xestión de permisos de paso: modificación da localización do apoio nº 43 (dentro do mesmo trazado existente) e do acceso previsto para esta nova localización, e modificación do trazado de acceso previsto para o apoio nº 91.

4. O 13.3.2023 a promotora, en contestación a un requirimento da Xefatura Territorial (con data do 7.3.2023) para a actualización do informe ambiental presentado inicialmente como consecuencia da modificación do proxecto inicial, presentou unha addenda ao dito informe ambiental, asinada o 2.3.2023, xustificativa da non necesidade de sometemento a unha avaliación de impacto ambiental da infraestrutura eléctrica proxectada coas modificacións introducidas.

A respecto da referida documentación ambiental presentada pola promotora (informe ambiental e a súa addenda), a xefatura territorial, con data do 15.3.2023, deulle traslado desta ao órgano ambiental, requiríndolle o seu pronunciamento ao respecto, sen que a data de hoxe, conste a súa resposta.

5. Con datas do 9.5.2023 e do 10.5.2023 a xefatura territorial trasladou ás separatas técnicas do proxecto de execución (revisión 1), para os efectos de obter os seus informes ao respecto, ás seguintes entidades afectadas pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica (Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira-revisión 1): Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Subdirección Xeral de Recursos Minerais, Concello da Pastoriza, Deputación Provincial de Lugo, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, AXI e Telefónica de España, S.A.U. A este respecto:

• A Sección de Minas da Xefatura Territorial emitiu informe, con data do 15.5.2023, recollendo este que no primeiro informe emitido para a separata do proxecto inicial.

• A continuación relaciónanse as entidades que emitiron, nas datas indicadas, o seu condicionado, do que se deu traslado á promotora, quen presentou a súa conformidade con estes: Deputación Provincial de Lugo (20.6.2023), Confederación Hidrográfica Miño-Sil (30.5.2023), Telefónica de España, S.A.U. (11.5.2023) e AXI (8.6.2023).

• O resto de entidades consultadas (Augas de Galicia, Concello da Pastoriza e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural) non contestaron, polo que, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar, enténdese a súa conformidade co proxecto, de acordo co disposto no artigo 47.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

6. O 12.5.2023 a promotora presentou a documentación actualizada para expropiación, reflectindo os acordos acadados ata ese momento (RBDA, planos coas afeccións e declaración responsable cos acordos acadados cos propietarios afectados).

7. O 25.5.2023 a Xefatura Territorial, para os efectos de iniciar o trámite de audiencia, previsto no artigo 53.1 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, cos montes veciñais en man común (MVMC) que figuran como afectados na RBDA presentada pola promotora (MVMC no concello de Mondoñedo: Argomoso; MVMC no concello da Pastoriza: Coto de Castro e Porto do Boi; Acebreiro; e Montareda e Corredoira), solicitoulle ao Servizo de Montes de Lugo datos referentes ao titular e enderezo destes. O dito servizo emitiu informe, con data do 31.5.2023, no que facilita os datos requiridos e, ademais, informa que a infraestrutura eléctrica proxectada tamén afecta montes xestionados pola Administración pública (Servizo de Montes de Lugo, Consellería de Medio Rural), en concreto: Elenco 2715699 Coto do Castro e Porto do Boi; e Elenco 2715567 Montareda e Corredoira. A este respecto, cabe salientar o seguinte:

• Con carácter previo e por petición da promotora, o Servizo de Montes de Lugo emitiu informe no que se recollen as afeccións da infraestrutura eléctrica proxectada con catro MVMC (Couto das Louxeiras de Xemil; Coto do Castro e Porto do Boi; Acebreiro; e Montareda e Corredoira), e se informa favorablemente sobre elas, sempre que a promotora realice un acto de disposición coas comunidades propietarias dos montes (dos recollidos no título segundo do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de MVMC) e tramite as correspondentes afeccións en xestión pública con base no estipulado na Lei 7/2021, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

• En setembro de 2023 a promotora advertiu un erro nos MVMC afectados, debido á discrepancia entre a información do Catastro e a realidade dos predios (quedando desafectado Coto das Louxeiras de Xemil e afectado Argomoso), tal como se describe na táboa seguinte:

MVMC

Afección inicial

(nº predios)

Afección final

(nº predios)

Coto das Louxeiras de Xemil

80, 81, 82, 83, 84 e 85

-

Coto do Castro e Porto do Boi

117,119

Acebreiro

161, 163, 165, 171, 172, 173A, 175 e 179

Montareda e Corredoira

198, 203 e 210

Argomoso

-

43

A respecto dos MVMC finalmente afectados (Coto do Castro e Porto do Boi; Acebreiro; Montareda e Corredoira; e Argomoso) a promotora ten chegado a acordo cos seus propietarios, segundo consta na declaración responsable sobre os acordos acadados cos propietarios afectados, presentada pola promotora o 3.1.2024. Previamente, con data do 14.12.2023 e en resposta a un requirimento da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (DXPERN), a promotora manifestou que, polo que respecta ás afeccións cos montes xestionados pola Administración pública, está a realizar a preceptiva tramitación das afeccións ante o Servizo de Montes, e, polo que respecta aos MVMC afectados, presenta declaración responsable específica, asinada o 14.12.2023, na que fai constar que «ten chegado a acordos privados con todos os montes veciñais en man común afectados pola instalación de referencia, non sendo necesario tramitar a compatibilidade cos dereitos forestais afectados».

8. O 2.6.2023 a Xefatura Territorial ditou acordo polo que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, da referida infraestrutura eléctrica (Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira-revisión 1).

Este acordo publicouse no DOG (21.6.2023) e no xornal El Progreso (16.6.2023) e, así mesmo, estivo exposto, xunto coa documentación sometida a información pública, nos concellos de Mondoñedo y A Pastoriza e nas dependencias da Xefatura Territorial, así como no portal de transparencia desta consellería.

Durante o período de información pública presentáronse varios escritos de alegacións, dos que se deu traslado á promotora, quen presentou a súa contestación a estes. A continuación relaciónanse as persoas alegantes, recollendo un resumo do contido dos seus escritos de alegacións:

a) Miguel Amoroso Legaspi, no seu escrito de alegacións presentado o 21.6.2023, sinala outro titular proposto para o predio nº 324 do proxecto, indicando non ser el o titular.

b) José Ángel Folgueira Tella, no seu escrito de alegacións presentado o 13.7.2023, reclama a titularidade do predio nº 267 do proxecto, xuntando escritura de compravenda e certificación catastral.

c) Mª Emilia Pérez Cabo, no seu escrito de alegacións presentado o 24.7.2023, solicita que se minimice a afección nos predios nº 311 e 342 do proxecto (da súa propiedade), principalmente no referente á localización do apoio nº 103, que se vai instalar no predio nº 342 (empregado para o cultivo de forraxe para o gando e cuxa superficie se vería reducida de forma importante, non só polo espazo ocupado polo apoio, senón tamén polas distancias de seguridade que habería que gardar coa maquinaria e durante o laboreo), propoñendo que se coloque na medianeira entre esta e a lindeira polo vento oeste.

d) Jorge Gutiérrez Vares, no seu escrito de alegacións presentado o 30.6.2023, solicita o cambio de titularidade ao seu favor dos predios nº 250 e 252 do proxecto, por falecemento do titular proposto, xuntando certificado de defunción deste, testamento e imposto de sucesións.

9. O 8.9.2023 a Xefatura Territorial, logo de rematada a instrución do referido expediente e en cumprimento do disposto no artigo 47.5 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, deu traslado deste á DXPERN para os efectos de ditar a oportuna resolución, incorporando un resumo da tramitación con data do 7.9.2023 e os seguintes informes, relativos ao proxecto «Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira (revisión 1)», emitidos polo seu Servizo de Enerxía e Minas con data do 26.6.2023:

• Informe relativo á limitación á constitución de servidumes de paso de enerxía eléctrica, concluíndo que non se aprecia limitación para a expropiación dos terreos e imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica nas parcelas que se describen na RBDA, conforme o disposto no artigo 58 da Lei 23/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Informe técnico sobre o proxecto de execución, de carácter favorable, para a autorización administrativa previa e de construción.

10. O 22.12.2023 a DXPERN iniciou o trámite de compatibilidade/prevalencia da utilidade pública da infraestrutura eléctrica proxectada coa do dereito mineiro afectado por ela (concesión de explotación da sección C «Mondoñedo Fracción 2ª» nº 5530.2), dándolle audiencia ao titular deste «Pizarras Universal, S.L.», en aplicación, por similitude, co disposto no artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, (concorrencia de utilidade ou interese públicos con montes veciñais en man común).

A este respecto, e para os efectos de non continuar co referido trámite de compatibilidade/prevalencia, a promotora presentou con data do 3.1.2024 un escrito no que fai constar que chegou a un acordo co titular do referido dereito mineiro afectado.

11. O 3.1.2024 a promotora presentou a documentación actualizada para expropiación (RBDA e declaración responsable cos acordos acadados cos propietarios afectados).

Consideracións legais e técnicas:

1. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

2. A competencia para resolver este expediente correspóndelle á DXPERN, de conformidade co disposto no artigo único (punto 1.b.3º para as autorizacións administrativas previa e de construción e punto 2 para o recoñecemento, en concreto, da utilidade pública) do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), así como no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo) e no Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG nº 113, do 15 de xuño).

3. Á vista dos escritos de alegacións presentados durante o trámite de información pública, da contestación da promotora a estas alegacións e do resto da documentación que consta no expediente, cómpre manifestar o seguinte:

a) En canto ás alegacións feitas por Miguel Amoroso Legaspi, é necesario indicar que se atendeu a súa pretensión de cambio de titularidade, pasando a identificar na RBDA como titular do referido predio (nº 324), na súa substitución, a hros. Manuel Fernando Amoroso Cando (recolléndose como representante o Ministerio Fiscal Provincial de Lugo por resultar descoñecido o seu enderezo).

b) En canto ás alegacións feitas por José Ángel Folqueira Tella, é necesario indicar que se atendeu a súa pretensión de cambio de titularidade, recoñecendo a súa titularidade sobre o referido predio (nº 267), para o cal a promotora declarou ter chegado a un acordo co alegante, eliminándose en consecuencia da RBDA.

c) En canto ás alegacións feitas por Mª Emilia Pérez Cabo, indicar que non se poden atender as súas pretensións de minimización das afeccións provocadas nos referidos predios (nº 311 e 342), con base nas seguintes argumentacións:

– A promotora, na súa resposta ás ditas alegacións, fai constar que para proxectar a localización do apoio nº 103 procurouse causar o menor prexuízo aos afectados, situándoo ao bordo da parcela en cuestión, facendo coincidir lixeiramente a afección co lindeiro entre parcelas, por dentro desta. Ademais, indica que a ocupación do apoio afecta unha superficie de 51 m2, que supón o 0,91 % da superficie da parcela nº 342 (5.612 m2); sendo a dita superficie ocupada polo apoio a única que quedará inhabilitada para continuar realizando a explotación actual do predio para forraxe, dado que o resto da afección realízase por voo, cunha altura de condutores de 22,8 m sobre o terreo, suficiente para non prexudicar o labor. Así mesmo, indica que o voo da liña vai practicamente sobre lindeiro dos predios nº 342 e 245 do proxecto, para tratar de ocasionar o menor prexuízo a ambos os propietarios, sendo imposible reducir máis a afección.

– Segundo o informe relativo á limitación á constitución de servidumes de paso de enerxía eléctrica, emitido o 26.6.2023, polo Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial, non se aprecia limitación para a expropiación dos terreos e imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica nas parcelas que se describen na RBDA, conforme o disposto no artigo 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– Segundo o disposto na epígrafe 1.5.1 (requisitos básicos) da ITC-LAT 07 «Liñas aéreas con condutores espidos» do Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión (Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09): «[...] as liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere o autor do proxecto, no seu intento de lograr a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose en todo caso ás prescricións que nesta instrución se establecen [...]» .

d) En canto ás alegacións feitas por Jorge Gutiérrez Vares, cómpre indicar que se atendeu a súa pretensión de cambio de titularidade, recoñecendo a súa titularidade sobre os referidos predios (nº 250 e 252).

4. Polo que respecta á tramitación ambiental das modificacións de proxectos, a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental describe no seu artigo 7 as modificacións de proxectos que deben ser sometidas a unha avaliación de impacto ambiental, ordinaria (na súa epígrafe 1.c) ou simplificada (na súa epígrafe 2.c).

En canto ao novo circuíto proxectado, que vai supoñer a modificación da LAT 132 kV Mondoñedo-Meira-Estelo, a promotora presentou unha documentación ambiental (conformada polo informe ambiental e a súa addenda, xa citados) na que se dá conta das variacións non significativas dos impactos xerados durante a execución e explotación da modificación da liña eléctrica, xustificando a non necesidade de realizar unha avaliación de impacto ambiental simplificada e, así mesmo, indicando que se manterán as medidas protectoras e correctoras e o plan de seguimento e vixilancia ambiental previstos no estudo de impacto ambiental e na declaración de impacto ambiental da liña eléctrica obxecto de modificación, coas adaptacións necesarias ás actuais normativas vixentes. Tal como se recolle nos feitos anteriores, solicitouse ao órgano ambiental o seu pronunciamento ao respecto, quen non contestou.

De conformidade con todo o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a autorización administrativa previa para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira, nos concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), e que promove Begasa.

2. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución da citada infraestrutura eléctrica titulado Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira (revisión 1).

3. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada infraestrutura eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, implicando a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución denominado Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira (revisión 1), asinado o 17.8.2022 polo enxeñeiro industrial Jorge Sanz Varea Damián Alonso Salas (colexiado nº 2.803 do ICOIIG) e visado por este colexio, con nº 20223542 e data do 18.11.2022; e no que figura un orzamento total de 4.054.183,70 euros.

2. A promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobados polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobados polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da DXPERN; non obstante, a Xefatura Territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

4. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na DIA da LAT obxecto de modificación referida nos feitos (formulada o 1.10.2004 polo órgano ambiental - DOG nº 229, do 24 de novembro), así como ás establecidas no correspondente plan de vixilancia e seguimento ambiental.

5. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución ou da data de ocupación dos terreos. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante a Xefatura Territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

6. En canto aos bens e dereitos afectados pola referida infraestrutura eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes.

7. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia a promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

8. Estas autorizacións adóptanse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

9. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

10. Como anexo a esta resolución recóllese a RBDA definitiva que se empregará no procedemento expropiatorio, presentada pola promotora con data do 3.1.2024.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados pola infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira

Predio

Ref. catastral

Concello

Titular

Tipo cultivo

Afección LAT aérea

Accesos

Afección LAT subterránea

Apoio proxectado

Servidume existente

Servidume nova

Servidume total

Ref. catastral

Pol. nº

Parc. nº

Superf. ocup.
(m²)

Voo

Voo

Voo

Lonxit.
(m)

Superf. afect.
(m²)

Lonxit.
(m)

Superf. afect.
(m²)

Lonxit.
(m)

Superf. afect.
(m²)

Lonxit.
(m)

Superf. afect.
(m²)

Lonxit.
(m)

Superf. afect.
(m²)

3

27030A03301301

33

1301

Mondoñedo

María Soledad Folgueira Chao

Monte baixo

 

 

 

 

 

 

 

 

49

196

 

 

22

27030A03301883

33

1883

Mondoñedo

María

Antonia

Díaz Carballeira

Monte alto

 

 

 

 

 

 

 

 

40

159

 

 

23

27030A03301884

33

1884

Mondoñedo

María

Antonia

Díaz Carballeira

Monte alto

 

 

 

 

 

 

 

 

56

224

 

 

24

27030A03300636

33

636

Mondoñedo

María

Antonia

Díaz Carballeira

Monte alto

 

 

 

 

 

 

 

 

53

212

 

 

25

27030A03301885

33

1885

Mondoñedo

María

Antonia

Díaz Carballeira

Monte alto

 

 

 

 

 

 

 

 

30

118

 

 

48

27044G00500051

5

51

A Pastoriza

Carlos

García Teijeiro

Monte baixo

36

71

188

3.759

 

 

188

3.759

133

534

 

 

49

27044G00500050

5

50

A Pastoriza

José

Seivane López, Manuel Seivane López,

Digna Seivane López

Monte baixo

 

 

101

2.022

 

 

101

2.022

21

85

 

 

51

27044G00510037

5

10037

A Pastoriza

Hros. de José

Antonio López García: Enriqueta González Oseira, Milagros López González, Josefa Ramona López González, María

Cristina López González

Monte baixo

37

exist.

119

2.375

 

 

119

2.375

4

14

 

 

53

27044G00500037

5

37

A Pastoriza

Hros. de José

Antonio López García: Enriqueta González Oseira, Milagros López González, Josefa Ramona López González, María

Cristina López González

Monte baixo

 

 

25

490

 

 

25

490

 

 

 

 

54

27044G00510038

5

10038

A Pastoriza

Concello da Pastoriza

Monte baixo

 

 

12

227

 

 

12

227

 

 

 

 

57

27044G00510029

5

10029

A Pastoriza

Emilio Paz Eiras

Monte baixo

 

 

52

1.031

 

 

52

1.031

 

 

 

 

59

27044G00500027

5

27

A Pastoriza

Hros. de Domnino Candal Seco. Rpte. Marco Antonio Candal Quiroga

Monte baixo

38

Exist.

47

936

 

 

47

936

22

90

 

 

61

27044G00200086

2

86

A Pastoriza

Hros. de María Valiña Alvite.
Manuel García Obarrio

Monte baixo

39

Exist.

53

990

 

 

53

990

2

7

 

 

62

27044G00200059

2

59

A Pastoriza

Cándido López Valiña

Monte baixo

 

 

 

62

 

 

 

62

 

 

 

 

64

27044G00500020

5

20

A Pastoriza

Concello da Pastoriza

Monte baixo

40

Exist.

244

4.898

 

 

244

4.898

10

42

 

 

71

27044G00100050

1

50

A Pastoriza

Emilio Paz Eiras

Prado/labradío

44

Exist.

55

1.108

 

 

55

1.108

49

198

 

 

72

27044G00100099

1

99

A Pastoriza

Félix López Reigosa

Prado/labradío

 

 

142

2.761

 

224

142

2.985

127

508

 

 

75

27044G00100073

1

73

A Pastoriza

Concello da Pastoriza

Prado/labradío

 

 

44

868

 

4

44

872

 

 

 

 

76

27044G00100074

1

74

A Pastoriza

Félix López Reigosa

Prado/labradío

45

Exist.

56

1.119

 

 

56

1.119

82

326

 

 

77

27044G00100092

1

92

A Pastoriza

Félix López Reigosa

Prado/labradío

 

 

134

2.686

 

934

134

3.620

 

 

 

 

78

27044G00100048

1

48

A Pastoriza

Emilio Paz Eiras

Prado/labradío

 

 

37

732

 

426

37

1.158

 

 

 

 

83

27044G00100076

1

76

A Pastoriza

Emilio Paz Eiras

Monte baixo

 

 

 

31

 

 

 

31

 

 

 

 

84

27044F00700053

7

53

A Pastoriza

Félix López Reigosa

Prado/labradío

 

 

16

316

 

 

16

316

 

 

 

 

86

27044F00700051

7

51

A Pastoriza

José Ramón Legide Seco

Monte baixo

47

71

81

1.613

 

 

81

1.613

36

142

 

 

87

27044F00700050

7

50

A Pastoriza

María Manuela Castrillón Seivane

Monte baixo

 

 

98

1.951

 

 

98

1.951

 

 

 

 

88

27044F00700049

7

49

A Pastoriza

Jorge Pacio Gómez

Prado/labradío

48

Exist.

107

2.138

 

 

249

6.603

165

660

 

 

88

27044F00700049

7

49

A Pastoriza

Jorge Pacio Gómez

Monte alto

 

 

142

4.265

 

200

249

6603

 

 

 

 

95

27044F00600065

6

65

A Pastoriza

Concello da Pastoriza

Prado/labradío

 

 

25

494

 

38

25

532

 

 

 

 

101

27044F00600018

6

18

A Pastoriza

Manuel García Obarrio

Prado/labradío

51

50

139

2.778

 

 

139

2.778

2

6

 

 

106

27044F00600007

6

7

A Pastoriza

Marisol Alvite Luaces, Alberto Mel Varela

Monte baixo

54

Exist.

190

3.789

 

 

190

3.789

26

104

 

 

107

27044F00600008

6

8

A Pastoriza

Descoñecido

Monte baixo

 

 

8

162

 

 

8

162

 

 

 

 

109

27044F00600005

6

5

A Pastoriza

Efigenia María Seivane Carracedo

Monte alto

55

Exist.

165

4.942

 

1.437

165

6.379

15

60

 

 

111

27044F00200001

2

1

A Pastoriza

Concello da Pastoriza

Prado/labradío

 

 

96

1.920

 

2.016

96

4.460

 

 

 

 

111

27044F00200001

2

1

A Pastoriza

Concello da Pastoriza

Monte alto

 

 

 

 

 

524

96

4460

 

 

 

 

112

27044F00200002

2

2

A Pastoriza

Alfredo Legide Reigosa

Prado/labradío

 

 

116

2.327

 

1.450

206

7.610

 

 

 

 

112

27044F00200002

2

2

A Pastoriza

Alfredo Legide Reigosa

Monte alto

56

71

90

2.856

 

977

206

7610

9

35

 

 

124

27044N00700061

7

61

A Pastoriza

Manuel Salgado Rey

Monte alto

 

 

70

2.257

 

 

70

2.257

 

 

 

 

127

27044N00700057

7

57

A Pastoriza

Manuel García Iglesias

Monte alto

60

71

36

712

 

356

36

1.068

21

85

 

 

130

27044N01400112

14

112

A Pastoriza

José Pena López

Rpte. Manuel García Pena

Prado/labradío

 

 

55

1.107

 

4

55

1.111

 

 

 

 

133

27044N01500077

15

77

A Pastoriza

María Pena López

Monte alto

 

 

128

2.551

 

2.292

276

9.313

 

 

 

 

133

27044N01500077

15

77

A Pastoriza

María Pena López

Prado/labradío

 

 

148

2.963

 

1.507

276

9313

 

 

 

 

136

27044N01500066

15

66

A Pastoriza

Manuel Pena Coroas

Prado/labradío

 

 

126

2.513

 

651

126

3.164

 

 

 

 

142

27044N01410012

14

10012

A Pastoriza

Manuel Pena Coroas

Prado/labradío

64

61

76

1.514

 

 

76

1.514

72

288

 

 

143

27044N01400002

14

2

A Pastoriza

Manuel García Iglesias

Prado/labradío

 

 

 

58

 

 

0

58

 

 

 

 

146

27044N01500019

15

19

A Pastoriza

Manuel García Iglesias

Prado/labradío

 

 

118

2.368

 

185

118

2.553

 

 

 

 

149

27044N01500027

15

27

A Pastoriza

José Antonio Rico Rico

Prado/labradío

66

71

102

1.954

 

85

102

2.039

93

373

 

 

151

27044N01500029

15

29

A Pastoriza

Carlos García Pena

Prado/labradío

 

 

33

652

 

 

33

652

 

 

 

 

157

27044N01500036

15

36

A Pastoriza

José Alonso Castelo García

Prado/labradío

 

 

69

1.374

 

290

69

1.664

 

 

 

 

158

27044N01500037

15

37

A Pastoriza

Hros. de José Gerardo Bouso Gutiérrez Rpte. Miguel Folgueira Bouso

Prado/labradío

68

71

67

1.342

 

 

67

1.342

47

189

 

 

174

48513A0PH3945S
48513A0PH3945S0001FF

48513

A0

A Pastoriza

Instituto Galego da Vivenda e Solo

Monte baixo

 

 

138

2.761

 

166

138

2.927

74

296

 

 

176

27044E00200083

2

83

A Pastoriza

Hros. de María Onega Ferreiro

Prado/labradío

 

 

17

351

 

9

17

360

 

 

 

 

178

27044E00200086

2

86

A Pastoriza

Hros. de Dolores Castro Otero

Monte alto

 

 

1

29

 

51

1

80

 

 

 

 

183

27044E00200089

2

89

A Pastoriza

Araceli Valiña Pérez

Prado/labradío

 

 

52

1.042

 

412

52

1.454

 

 

 

 

184

27044E00200090

2

90

A Pastoriza

Flora Castelo Seivane
Clara Castelo López

Prado/labradío

 

 

17

330

 

132

17

462

 

 

 

 

185

27044E00200091

2

91

A Pastoriza

Josefa Castelo
Clara Castelo López

Prado/labradío

 

 

23

458

 

169

23

627

 

 

 

 

188

27044E00200094

2

94

A Pastoriza

Francisca Seijo Iglesias, Otilia Murado Folgueira

Prado/labradío

 

 

35

694

 

50

35

744

 

 

 

 

189

27044E00200095

2

95

A Pastoriza

Otilia Murado Folgueira

Prado/labradío

 

 

24

485

 

 

24

485

 

 

 

 

214

27044D00300078

3

78

A Pastoriza

Concepción Legaspi Folgueira

Monte alto

 

 

3

270

 

181

3

451

 

 

 

 

218

27044D00300055

3

55

A Pastoriza

Concepción Legaspi Folgueira

Prado/labradío

80

exist.

54

1.078

 

 

54

1.078

7

27

 

 

219

27044D00300060

3

60

A Pastoriza

Hros. de Josefa Acebedo Ledo

Rpte. Pedro Murado Acebedo

Prado/labradío

81

71

243

4.863

 

39

243

4.902

27

110

 

 

222

27044D00300040

3

40

A Pastoriza

María Fe López Vidal

Prado/labradío

 

 

102

2.016

 

 

102

2.016

100

400

 

 

224

27044D00300004

3

4

A Pastoriza

Concepción Legaspi Folgueira

Prado/labradío

 

 

6

185

 

 

6

185

 

 

 

 

225

27044D00300039

3

39

A Pastoriza

Concepción Legaspi Folgueira

Prado/labradío

 

 

 

25

 

 

 

25

 

 

 

 

226

27044D00300005

3

5

A Pastoriza

Ceferino Legaspi Rodríguez

Prado/labradío

83

Exist.

107

2.082

 

 

107

2.082

57

228

 

 

229

27044D00300008

3

8

A Pastoriza

Juan José Barreira Carballo

Prado/labradío

 

 

26

526

 

39

26

565

 

 

 

 

249

27044Y00210141

2

10141

A Pastoriza

Alicia García Mazoy

Prado/labradío

 

 

 

119

 

 

 

119

 

 

 

 

250

27044Y00200141

2

141

A Pastoriza

Jorge Gutiérrez Vares

Prado/labradío

 

 

128

2.542

 

 

128

2.542

 

 

 

 

252

27044Y00200085

2

85

A Pastoriza

Jorge Gutiérrez Vares

Prado/labradío

88

Exist.

169

3.374

 

 

169

3.374

162

648

 

 

259

27044Y00100019

1

19

A Pastoriza

María Rosa Morado Pereira

Prado/labradío

 

 

63

1.259

 

9

63

1.268

 

 

 

 

260

27044Y00100028

1

28

A Pastoriza

Justo Estoa Muíña

Prado/labradío

 

 

92

1.816

 

92

92

1.908

 

 

 

 

264

27044Y00100031

1

31

A Pastoriza

María José Rodríguez Tourón

Monte alto

 

 

38

1.151

 

157

38

1.308

 

 

 

 

266

27044Y00100033

1

33

A Pastoriza

Consuelo Barreiro Ferreiro

Monte alto

 

 

64

1.933

 

23

64

1.956

 

 

 

 

279

27044Y00100214

1

214

A Pastoriza

José Pérez Folgueira

Prado/labradío

 

 

60

1.195

 

79

60

1.274

 

 

 

 

280

27044Y00100096

1

96

A Pastoriza

Galán SAT nº 994 Xuga

Prado/labradío

 

 

10

231

 

10

10

241

 

 

 

 

299

27044X00100027

1

27

A Pastoriza

Josefina Rodríguez Fernández

Monte alto

 

 

 

189

 

 

 

189

 

 

 

 

300

27044X00110027

1

10027

A Pastoriza

Josefina Rodríguez Fernández

Monte alto

96

Exist.

26

583

 

 

26

583

21

83

 

 

301

27044Q00200057

2

57

A Pastoriza

José Benito Barreiro López

Monte alto

 

 

 

27

 

 

 

27

 

 

 

 

302

27044X00100026

1

26

A Pastoriza

Josefina Rodríguez Fernández

Monte alto

 

 

15

458

 

 

15

458

15

61

 

 

305

27044X00100024

1

24

A Pastoriza

Sociedade Anónima Xestora Bantegal

Monte alto

 

 

 

134

 

 

 

134

 

 

 

 

311

27044X00100016

1

16

A Pastoriza

María

Emilia Pérez Cabo

Prado/labradío

 

 

49

974

 

531

49

1.505

 

 

 

 

315

27044X00100012

1

12

A Pastoriza

José Ángel López Salgado

Monte alto

98

Exist.

33

984

 

 

33

984

 

3

 

 

320

27044X00100005

1

5

A Pastoriza

María

Victoria Fernández García

Monte alto

 

 

22

669

 

 

22

669

 

 

 

 

321

27044X00100549

1

549

A Pastoriza

Olga Fernández García

Monte alto

 

 

14

406

 

 

14

406

 

 

 

 

322

27044X00100550

1

550

A Pastoriza

María Dulcina Fernández García

Monte alto

 

 

16

480

 

 

16

480

 

 

 

 

323

27044X00100004

1

4

A Pastoriza

Jesús Folgueira Ferreiros

Monte alto

 

 

20

586

 

 

20

586

 

 

 

 

324

27044X00100003

1

3

A Pastoriza

Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (rpte. hros. Manuel Fernando Amoroso Cando)

Monte alto

 

 

51

1.526

 

 

51

1.526

 

 

 

 

326

27044X00100001

1

1

A Pastoriza

Pilar Andión Teijeiro

Monte alto

100

88

15

431

 

5

15

436

28

113

 

 

328

27044Q00200002

2

2

A Pastoriza

Manuel García Valiña

Monte alto

 

 

118

3.505

 

50

118

3.555

118

474

 

 

330

27044Q00200004

2

4

A Pastoriza

Elisa Ferreiro Carballeira

Monte alto

 

 

83

2.508

 

 

83

2.508

83

331

 

 

331

27044Q00200005

2

5

A Pastoriza

Ramón Mazoy Chain

Monte alto

 

 

59

1.753

 

 

59

1.753

58

232

 

 

333

27044Q00200007

2

7

A Pastoriza

Constantino Lodos Onega

Monte alto

102

71

49

2.734

50

109

100

2.844

53

211

 

 

334

27044Q00200008

2

8

A Pastoriza

José Luis Lodos Ferreiro

Monte alto

 

 

 

138

 

 

0

138

 

 

 

 

340

27044W00200164

2

164

A Pastoriza

Matías Pérez Saavedra

Prado/labradío

 

 

 

27

85

1.674

85

1.701

 

 

 

 

342

27044W00200154

2

154

A Pastoriza

María Emilia Pérez Cabo

Prado/labradío

103

51

 

 

 

892

0

892

 

4,22

 

 

347

27044W00200143

2

143

A Pastoriza

Concello da Pastoriza

Prado/labradío

 

 

 

12

 

46

0

59

 

 

 

 

348

27044W00200133

2

133

A Pastoriza

Adelaida Abraira Tella

Prado/labradío

 

 

 

222

1

10

1

232

 

 

 

 

353

27044W00110178

1

10178

A Pastoriza

Dolores García Valiña

Monte alto

 

 

 

206

 

 

41

1.026

 

 

 

 

353

27044W00110178

1

10178

A Pastoriza

Dolores García Valiña

Monte baixo

105

exist.

41

820

 

 

41

1026

10

39

 

 

354

27044W00100178

1

178

A Pastoriza

Manuel García Valiña

Prado/labradío

106

88

186

3.730

 

 

186

3.730

57

229

70

92