DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 5 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2023/180-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: nova LAT 20 kV Adro e ampliación de LAT 20 kV Muras 2.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Características técnicas principais:

– Liña de alta tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 5.490 m en condutor HEPRZ1-12/20 kV 1×240 k Al + H16, con orixe na subestación Sete Pontes e final no apoio A43353 proxectado na LAT Adro, con entrada e saída no centro de transformación (CT) proxectado Adro.

– Liña de alta tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 2.530 m en condutor HEPRZ1-12/20 kV 1×240 k Al + H16, con orixe na LAT soterrada Muras 2 e final no apoio A76615 proxectado da LAT Muras 2, con entrada e saída no CT Adro e no CT Lanzós proxectados.

– Liña de alta tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 2.070 m en condutor HEPRZ1-12/20 kV 1×240 k Al + H16, con orixe no CT Cotelo (en proxecto con expediente 2023-37 AT) e final no CT Adro proxectado.

– Instalación dunha cela de liña no CT Cotelo, quedando unha configuración final de 3L+1P+telemando.

– Substitución do CT Adro intemperie existente por un novo CT en edificio prefabricado, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e potencia instalada de 100 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.

– Centro de seccionamento Adro en edificio prefabricado, compartido co CT Adro, con configuración 6L+1S+telemando.

– Substitución do CT Lanzós intemperie existente por un novo CT en edificio prefabricado, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e potencia instalada de 100 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P+telemando.

– Renovación do condutor 94-AL 1/22-ST1A (LA 110) entre os apoios existentes núms. 2A88208 e 2A87727 da LAT Muras 1, cunha lonxitude de 497 m.

– Retensado do condutor 94-AL 1/22-ST1A (LA 110) existente entre os apoios A43353 proxectado e A16974 existente da LAT Adro.

– Retensado do condutor 94-AL 1/22-ST1A (LA 110) existente entre os apoios A76615 proxectado e A77267 existente da LAT Muras 2.

– Desmontaxe do tramo da LAT 20 kV aérea Muras 2 entre o apoio 2A88208 e os apoios A76615 e A43353, así como das derivacións ao CT Lanzós e ao CT Adro.

– Desmontaxe dun tramo da LAT 20 kV soterrada Muras 2.

– Desmontaxe do tramo da LAT aérea Muras 1 entre o apoio 2A88208 e o apoio 2A87727.

– Desmontaxe do CT Lanzós e do CT Adro.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Rolda da Muralla, 70), referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lat-atrio-lat-muras

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 5 de marzo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Denominación: nova LAT 20 kV Adro e ampliación de LAT 20 kV Muras 2.

Concello: Vilalba (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/180-2.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio (nº)

Apoio (m2)

3

40

207

Vilar de Paraños

Prado

Herdeiros de Jerónimo Fernández Carreiras

A43353 A76615

26