DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: explotación avícola de recría de galiñas reprodutoras e galos

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Sociedad Cooperativa A Ponte, S.C.G.

Localización: lugar dos Pozos, parroquia de Texós, concello de Baltar (Ourense)

Expedientes: 2021-IPPC-M-85, 2022-IPPC-M-134 e 2023-IPPC-M-33

Instalación: explotación porcina de porcos de ceba

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Explotaciones Porcinas As Cabanas, S.L.

Localización: lugar Paraxe do Río, parroquia de Cortegada, concello de Sarreaus (Ourense)

Expediente: 2022-IPPC-M-137

Instalación: vertedoiro de residuos non perigosos Campo Gaiosa

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada e texto refundido

Titular: Gallaecia Servicios Ambientales, S.L.

Localización: concello de Cerceda (A Coruña)

Expediente: 2023-IPPC-M-90

Instalación: fábrica de cervexa de Morás

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Hijos de Rivera, S.A.U.

Localización: concello de Arteixo (A Coruña)

Expediente: 2023-IPPC-M-96

Instalación: planta de fabricación de envases e litografado

Procedemento: cambio de denominación social

Titular: Envases Universales Ibérica, S.L.U.
(antes Domiberia, S.L.)

Núm. rexistro AAI: 2008/0155_NAA/IPPC_208

Localización: concello de Vigo (Pontevedra).

Clave expediente: 2024-IPPC-M-21

Instalación: fábrica de produtos lácteos

Procedemento: corrección de erros

Titular: Celega, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2012-IPPC-141-264

Localización: concello do Saviñao (Lugo)

Expedientes: 2020-IPPC-M-27 e 2022-IPPC-M-45

Instalación: planta de aluminio

Procedemento: transmisión de titularidade da autorización ambiental integrada

Antigo titular: Alu Ibérica LC, S.L.

Novo titular: Resonac Graphite Spain, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2005/0272_NAA_IPPC_169

Localización: concello da Coruña (A Coruña)

Expediente: 2024-IPPC-M-10

Instalación: fábrica de ferroaliaxes

Procedemento: modificación do Plan de vixilancia ambiental e cambio de domicilio social

Titular: Xallas Electricidad y Aleaciones, S.A.U. (Xeal)

Núm. de rexistro AAI: 2006/0070_NAA/IPPC_036

Localización: concello de Cee (A Coruña)

Instalación: fábrica de ferroaliaxes

Procedemento: modificación do Plan de vixilancia ambiental, cambio de domicilio social e corrección de erros

Titular: Xallas Electricidad y Aleaciones, S.A.U. (Xeal)

Núm. de rexistro AAI: 2006/0267_NAA/IPPC_060

Localización: concello de Dumbría (A Coruña)

Instalación: ampliación dunha fábrica de produción de pensos

Procedemento: modificación non substancial

Titular: De Heus Nutrición Animal, S.A.

Núm. rexistro: 2020-IPPC-160_362

Localización: concello de Lugo

Expediente: 2023-IPPC-M-71

Instalación: planta de fabricación de pezas de poliuretano

Procedemento: corrección de erros

Titular: Rodicut Industry, S.A.U.

Núm. rexistro: 2019-IPPC-34-364

Localización: concello de Mos (Pontevedra)

Expediente: 2019-IPPC-I-34

Instalación: factoría de construción e reparación de buques

Procedemento: corrección de erros

Titular: Rodman Polyships, S.A.U.

Núm. rexistro: 207/0207_NAA/IPPC_166

Localización: concello de Moaña (Pontevedra)

Expediente: 2021-IPPC-M-66

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático