DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de autorización de verteduras no expediente de clave DH.V15.84796.

Combustibles Campolongo, S.L., de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita autorización para a vetedura dun caudal máximo de 1.369 m3/ano de augas residuais industriais depuradas por infiltración no terreo (cunca da ría de Ares-Betanzos) procedentes das instalacións dunha estación de servizo localizada na estrada N-651 km 16, no lugar de Campolongo-Andrade (T.M. Pontedeume).

As augas residuais industriais xeradas na marxe dereita, procedentes das zonas de descarga e subministración e da ponte de lavado (1.031,04 m3/ano), son tratadas mediante decantador e separador de hidrocarburos antes da súa vertedura por infiltración no terreo (cunca da ría de Ares-Betanzos) mediante pozo filtrante no punto de coordenadas UTM (ETRS89): X=567.262; Y=4.804.037.

As augas residuais industriais xeradas na marxe esquerda, procedentes das zonas de descarga e subministración (337,96 m3/ano), son tratadas mediante decantador e separador de hidrocarburos antes da súa vertedura por infiltración no terreo (cunca da ría de Ares-Betanzos) mediante pozo filtrante no punto de coordenadas UTM (ETRS89): X=567.340; Y=4.804.078.

As augas residuais fecais xeradas en ambas as marxes son conducidas a cadanseus dispositivos estancos, en que se almacenan ata a súa recollida por xestor autorizado.

O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día ao da data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia, en cuxo portal da internet (https://augasdegalicia.xunta.gal/) se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras