DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vila de Cruces (expediente DH.A36.89618).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Regadores de Brandomes.

Expediente: DH.A36.89618.

Volume total anual: 4.429 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,33 l/s.

Destino: Rega.

Orixe: x= 555775, y= 4740902 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Brandomes.

Parroquia: Brandariz (San Miguel).

Concello: Vila de Cruces.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes dunha mina de 20 m de lonxitude na parcela 36059A096006190000MU, mediante unha arqueta na boca da mina onde se recolle a auga e se leva a auga en tubo de 50 mm de diámetro ata unha alxibe, cunhas dimensións de 4×2,5×1×2 m e 8.000 litros de capacidade aproximados na parcela 36059A096007850000MW, e que conta un equipo de bombeo con tubo de polietileno de 40 mm de diámetro que conduce a auga ata a caseta con 8 depósitos de 3.000 litros cada un, na parcela 36059A096005A10000MT. O aproveitamento dispón dunha arqueta de control previa aos depósitos cunha válvula de corte do tubo que procede do equipo de bombeo. Á saída do depósito localízase unha arqueta circular onde se sitúa a válvula de corte xeral e a continuación outra arqueta con dúas válvulas que cortan os ramais en dirección ao lugar de Brandomes, onde se localizan as parcelas que se van regar:

36059A096005190001QR

36059A092010310000MT

36059A092010210000MA

36059A096004300000MZ

36059A092010320000MF

36059A095002180000MD

36059A097060000001QM

36059A097005300000MJ

36059A092010470001QI

36059A096004440000MT

36059A092000060000MJ

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro