DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Lalín (expediente DH.A36.72891).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ganadería Quinteiro, S.C.

DNI: ***0164*.

Expediente: DH.A36.72891.

Volume total anual: 3.591,60 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,113 l/s.

Destino: uso gandeiro.

Orixe: pozo.

Lugar: Ois Grande.

Parroquia: Bermés.

Concello: Lalín.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun pozo de barrena, situado aproximadamente nas coordenadas UTM ETRS H29 X=569.889 Y=4.728.703, duns 30 m de profundidade, mediante bomba de 3 CV de potencia, e a súa condución por tubaxe de PE ata un depósito de 5.000 litros, situado a uns 10 m, para abastecemento da corte anexa.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro