DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 15 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto do parque eólico Castelo (renovación tecnolóxica) nos concellos de Coristanco, Tordoia, Santa Comba e Val do Dubra (A Coruña) (expediente IN408A 2023/017).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotor: Energías Especiales del Alto Ulla, S.A. (CIF A-83195438).

Domicilio fiscal: r/ Ribeira del Loira, nº 60, 28042 Madrid.

Domicilio para os efectos de notificacións: r/ Fernando de Casas Novoa, nº 35, portal B, 2º, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación do proxecto: parque eólico Castelo (renovación tecnolóxica) (nº expediente IN408A 2023/017).

Concellos afectados pola poligonal: Coristanco, Tordoia, Santa Comba e Val do Dubra (A Coruña).

Potencia total: 16,5 MW.

Núm. aeroxeradores para instalar: 3 ud. × 6,5 MW.

Produción neta anual estimada: 57.898 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 20.947.046,84 €.

Prazo de execución: quince (15) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Castelo

A.D.E.

Castelo

Parque eólico Castelo

Vértice poligonal

UTM ETRS89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

1

523.770

4.772.385

2

524.785

4.771.900

3

525.655

4.772.179

4

525.848

4.772.090

5

526.045

4.771.490

6

525.605

4.771.240

7

525.840

4.769.960

8

525.610

4.769.680

9

524.740

4.770.465

10

524.740

4.770.910

11

523.760

4.771.620

12

523.100

4.771.415

13

522.620

4.771.750

14

522.620

4.772.125

15

522.860

4.772.225

16

523.050

4.772.090

Parque eólico Castelo

Aeroxerador

UTM ETRS89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

T01

524.102

4.771.853

T02

524.530

4.771.433

T03

525.420

4.770.541

Parque eólico Castelo

Torre meteorolóxica

UTM ETRS89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

PMM

523.866

4.771.997

Parque eólico Castelo

Subestación

UTM ETRS89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

A

523.700

4.772.261

B

523.743

4.772.254

C

523.729

4.772.251

D

523.743

4.772.249

E

523.741

4.772.226

F

523.724

4.772.215

G

523.694

4.772.222

Coordenadas de ampliación da SET, vértices do valado.

Obxecto da actuación:

A modificación substancial consiste na substitución de 25 aeroxeradores actuais de 660 kW de potencia unitaria (16,5 MW en total) por 3 aeroxeradores de 6,5 MW, limitando a potencia activa do parque a 16,5 MW, mantendo deste xeito a potencia actual no parque (16,5 MW). Substituirase a rede colectora do parque, cambiando á súa vez a tensión que pasará de 20 kV a 30 kV, e executarase a adaptación da subestación existente, pasando a ter unha relación de transformación de 30/66 kV.

Instalarase unha torre meteorolóxica para a captación e transmisión da información, e se realizarán as adaptacións no edificio da subestación, así como nos viais de acceso e nos sistemas de drenaxe. Realizarase o axuste das proteccións da subestación Boaña 66 kV.

Na fase de desmantelamento do parque, prevese a retirada dos aeroxeradores e a torre meteorolóxica existentes, as cimentacións e plataformas de montaxe. O desmantelamento do parque á intemperie da subestación e da aparellaxe existente de alta tensión (66 kV) e a desmontaxe da aparellaxe de media tensión (20 kV) (celas e armarios) do edificio de control, así como o desmantelamento das canalizacións eléctricas subterráneas e camiños para os que non se prevé o seu uso coa nova configuración.

Características técnicas da instalación:

• Tres (3) aeroxeradores tripá de 6,5 MW de potencia nominal unitaria, de 170 m de diámetro de rotor e 115 m de altura de buxa, con velocidade e paso variables con sistema de orientación activo. A potencia instalada suma 19,5 MW, co sistema de regulación de potencia activa configurarase para limitar a potencia activa máxima do parque a 16,5 MW de forma permanente, de acordo con potencia admisible no punto de conexión.

• Tres (3) centros de transformación montados no interior das góndolas dos aeroxeradores, de relación de transformación 0,69/30 kV, de 6.500 kVA potencia aparente nominal.

• Unha (1) torre meteorolóxica de medición de 118 m de altura.

• A rede eléctrica soterrada de media tensión (30 kV) do parque eólico ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a subestación colectora Castelo 30/66 kV (rede colectora). Para iso deséñanse 3 circuítos que constitúen as liñas colectoras do parque. O cable unipolar utilizado será condutor illado con polietileno reticulado XLPE e cuberta de poliolefina, con designación UNE RH5Z1 18/30 kV e seccións de 150, 400 e 630 mm2 de aluminio.

• O sistema de posta a terra será único para a totalidade do parque e estará unido á posta a terra da SET Castelo 30/66kV, estará formado por cable de cobre espido de 1×50 mm2 de sección.

• Rede de comunicacións constituída por condutor de fibra óptica.

• En canto á subestación do parque eólico, aproveitarase a maioría da súa obra civil. Realizaranse as seguintes actuacións:

– Desmantelamento do parque de intemperie da subestación e da aparellaxe existente de alta tensión (66 kV) e desmontaxe da aparellaxe de media tensión (20 kV) (celas e armarios) do edificio de control.

• A nova subestación transformadora 30/66 kV do parque eólico estará composta por:

– Unha posición de liña de 66 kV cos seus correspondentes equipos de protección e medida.

– Unha posición de liña de 30 kV cos seus correspondentes equipos de protección e medida.

– Unha posición de transformador de potencia, elevador, trifásico en baño de aceite, tipo intemperie, de grupo de transformación YNd11, de potencia nominal 20 MVA, cos seus correspondentes equipos de protección e medida.

– Unha posición de batería de condensadores a 30 kV.

– Cela de protección de liña, cela de protección e medida de transformador, cela de protección de servizos auxiliares, cela de protección de batería de condensadores, cela de reserva. Cada sección terá unha estrutura autoportante e conterá compartimentos herméticos cheos de gas SF6, haberá compartimentos separados para o sistema de barras colectoras (incluído o lado da barra colectora de desconexión) e do lado da liña un compartimento con interruptor e seccionadores de liña e interruptores de posta a terra.

– Unha reactancia trifásica do transformador AT/MT de posta a terra en baño de aceite con seccionador e limitación de corrente a 500 A, 30 s.

– Embarrados principais e auxiliares. Embarrado de 66 kV, a conexión da aparellaxe de alta tensión realizarase mediante condutor de aluminio-aceiro 402-AL1/52-ST1A de sección 454,5 mm². Embarrado de 30 kV, a conexión entre o transformador de potencia e a cela de alimentación do módulo de 30 kV faise a través dunha terna de cable de potencia de (3×1×630) mm2 de aluminio, tipo RH5Z1 18/30 kV e terminais flexibles.

– O sistema de posta a terra da subestación consistirá esencialmente nun sumidoiro horizontal de malla de arame de cobre espido de 95 mm2, soterrado a unha profundidade de aproximadamente 0,8 m. O edificio da subestación ten as instalacións conectadas ao sistema de terra cun cable de cobre espido de 95 mm².

• Realizarase o acondicionamento do acceso á subestación, do vieiro de interior e do sistema de drenaxe existente, adecuarase e rehabilitará o edificio. Así mesmo, substituírase o valado interior do parque de intemperie, mantendo o valado exterior.

• No edificio de control e mantemento existente, reformarase a cuberta, que non será unha modificación estrutural.

• Da subestación existente sae unha liña aérea de alta tensión (66 kV) existente que conecta a subestación do parque co módulo de interconexión para entroncamento coa liña a 66 kV Santa Comba-Carballo (apoio 219), denominada LAT 66 kV subestación parque eólico de Castelo, módulo de interconexión LAT 66 kV Santa Comba-Carballo, obxecto dun proxecto independente. Non é alcance do proxecto a modificación da liña existente.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución do parque eólico Castelo (renovación tecnolóxica) (visado o 20.7.2023).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) do parque eólico Castelo (renovación tecnolóxica) (asinado 19.7.2023).

Polo exposto, o proxecto faise público, para o coñecemento xeral, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 82), de luns a venres das 9.00 as 14.00 horas, así como na casa dos concellos de Coristanco, Tordoia, Santa Comba e Val do Dubra (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 15 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña