DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19608

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 37/2024, do 18 de marzo, polo que se dispón que cese Ethel María Vázquez Mourelle como conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

De conformidade co artigo 16.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia e con efectos do día 18 de marzo, na súa condición de conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel María Vázquez Mourelle, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dezaoito de marzo de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente