DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19589

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de convocatoria do procedemento selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de enxeñeira/o de camiños, funcionaria/o de carreira de Administración especial, polo procedemento de concurso, grupo A1.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 21, do 29 de xaneiro de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de enxeñeira/o de camiños, funcionaria/o de carreira de Administración especial, polo procedemento de concurso, grupo A1.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 15 de febreiro de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución núm .1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior