DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19588

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para dotación cultural e vía no parque de Traba.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 30 de xaneiro de 2024, apróbase inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para dotación cultural e pequena vía que afecta a parcela municipal con referencia catastral 1817843NH2811N.

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia, durante os cales as persoas interesadas poderán presentar alegacións.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento de licenzas nas áreas afectadas polo Plan especial, de conformidade co artigo 47 da Lei 2/2016 e co 86 do seu regulamento de desenvolvemento.

O dito documento pode consultarse na seguinte ligazón: https://etgsacloud.ddns.me/d/s/wUyC2ZHK1UgsFADbQwTWxhitCl3Sahpn/NAigTQrAPG9FZWK7thMzji1F4TGkYORl-mbCgmWNx_Qo que se expón na sede electrónica deste concello (https://sede.coristanco.gal/sxc/es/informacion/tablon/).

Coristanco, 26 de febreiro de 2024

Juan Carlos García Pose
Alcalde