DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19590

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024 pola que se notifica a resolución do expediente CED 20/2022.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución notifícaselle á persoa interesada o contido da resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da lei mencionada. O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada para que, se é o caso, poida consultalo no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sito na rúa Espiñeira, número 10, baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Advírteselle á persoa interesada que, contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Non obstante, previamente, poderá interpoñer un recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou a resolución obxecto de recurso, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2024

Mª Rosa Álvarez Prada
Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

ANEXO

Expediente: CED 20/2022.

Nome e apelidos: Victoria Romero Vieira.

DNI: ***1846**.