DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2023/207-1).

Expediente: IN407A 2023/207-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT POR809, apoio AODSLSRN//6-28-3.

Concello: Touro.

Feitos:

1. O día 20 de abril de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. Co fin de mellorar a calidade de subministración de enerxía eléctrica no lugar de Zanco dos Pombos, parroquia Calvos de Socamiño, proxéctase a instalación dun elemento de seccionamento telecontrolado en novo apoio de tipo metálico substituíndo o existente de formigón na liña de distribución de media tensión LMT POR809 Touro-C.G. Maderas Touro 9 (expediente IN407A 09/470), procedente da subestación Portodemouros.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, a empresa promotora achega o proxecto de execución denominado instalación de telecontrol na LMT POR809, apoio AODSLSRN//6-28-3, asinado o 2 de febreiro de 2023 por Ángel Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica con número colexial 4.781 de Vigo (COITIVIGO), xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante o Acordo do 21 de xullo de 2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 17 de agosto de 2023, núm. 155.

• BOP: 28 de xullo de 2023, núm. 143.

• Xornal La Voz de Galicia: 9 de agosto de 2023.

• Taboleiro de anuncios do Concello de Touro.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo de Infraestruturas Agrarias-Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña e ao Concello de Touro. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, a saber, Infraestruturas e o Concello.

5. O día 19.1.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están no lugar de Zanco dos Pombos, parroquia Calvos de Socamiño, no concello de Touro.

– Instalación ITC no apoio número AODSLSRN//6-28-3 de formigón que se substituirá por un tipo C-1000/16 da LMT POR809 Touro-C.G. Maderas Touro 9 (expediente IN407A 09/470), procedente da subestación Portodemouros. Retirada de cortacircuítos fusible XS do apoio núm. 6-28-1. Retensado do treito LMTA a 20 kV, existente entre o apoio núm. 6-28-2 a núm. 6-28-4.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da antedita Lei 39/2015.

A Coruña, 8 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol en LMT POR-809-apoio AODSLSRN//6-28-3

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Touro

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Ángel Vázquez Lamas

e irmáns

15086D501003290000SR

Polígono 501, parcela 329

Lugar de

Raxeira

Novo apoio

nº 6-28-3 (ITC)

2

Rústico. Agrario

Abreviacións:

ml. aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml. sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.