DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 11 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de produción fotovoltaica de enerxía eléctrica e a súa instalación de evacuación no termo municipal de Oroso (expediente IN408A 2023/5-1 e IN408A 2023/6-1).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Expedientes: IN408A 2023/5-1 e IN408A 2023/6-1.

Solicitante/promotor: Fotovoltaica Sigüeiro, S.L. (CIF B09870189).

Domicilio social: polígono industrial Sete Pontes, rúa Cerdeira, P-A2B 2.

Denominación: planta fotovoltaica de 2,6 MWp Sigüeiro e novo centro de seccionamento e liña soterrada de MT en Sigüeiro.

Termo municipal: Oroso.

Localización:

– Coordenadas UTM parcela (fuso 29): 544908.70, 4758050.26.

– Altura media: 253 m s.n.m.

– Parcela catastral: 15061A501013150000MW.

– Extensión parcela: 34.319 m2.

Características técnicas das instalacións:

Tipo de instalación: produción.

– Paneis fotovoltaicos: 4.313 paneis de 620 Wp/panel.

– Inversores: 20 inversores de 165 kWp/inversor, saída 400 V.

– Centro de transformación 2.000 kVA 400/20.000 V.

– Potencia instalada (artigo 3 do Real decreto 413/2014): 2.674 kW.

– Potencia evacuable: 2.000 kW.

– Centro de seccionamento.

– Liña de media tensión soterrada de 2×7 m que fará entrada/saída no CS proxectado, conectando coa liña de distribución de media tensión SIG806 (UFD).

Orzamento da instalación:

• Planta fotovoltaica: 1.222.369,46 €.

• CS e LMTS: 45.068,83 €.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, e a autorización administrativa de construción da instalación de produción.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución: planta fotovoltaica de 2,6 Mwp (xaneiro 2024-visado 24.1.2024).

2. O proxecto de execución: novo centro de seccionamento e liña subterránea de MT en Sigüeiro (xaneiro 2024-visado 24.1.2024).

3. O plano xeral das instalacións do proxecto.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na Casa do Concello de Oroso (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O que se fai público para coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 11 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña